31/03/2016

Balón solidario a escena coa Selección de Guatemala

A Fila 0, con donativo de 2 euros como entrada, irá destinada á Asociación Camiña e a Fundación Eu Son
Balón solidario a escena coa Selección de Guatemala

O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá o vindeiro mércores, 6 de abril, a selección de Guatemala, dirixida polo ex–adestrador do antigo Lobelle e do Palma Futsal Tomás de Dios, para disputar un amigable no que se habilitará unha Fila 0 a favor da Asociación Camiña e a Fundación Eu Son de Burela. Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, con donativo de 2 euros como entrada. Esta tarde, o presidente do club laranxa, Manuel Blanco, recibiu na sede burelista á directora de Eu Son, Noelia Eijo, e o presidente de Camiña, Silvino Oroza, para presentar a cita benéfica.



Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar cos colectivos facendo as súas achegas en:



Asociación Camiña:  ES90-2080-0109-16-3000085332 (Abanca)
Fundación Eu Son: ES77-2091-0109-83-3040018867 (Abanca)



Semana intensa para os suramericanos



O enfrontamento co equipo Daniel Ibañes será o cuarto da Selección de Guatemala na súa xira en Galicia que arranca este domingo en Noia. O luns medirase ao Santiago Futsal e o martes ao Cidade de Narón;  tras a súa visita á Mariña o xoves enfrontarase ao Leis Pontevedra.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.