01/04/2016

Sen relaxación

Sen relaxación

O CD Burela FS Pescados Rubén visitará mañá, na 22ª xornada de Primeira RFEF, a pista do CD Orvina KE (19.30 horas, Ezkaba), sen relaxarse. Malia as distancias na clasificación e do contundente triunfo da primeira volta (7-0), o CD Burela FS Pescados Rubén foxe de confianzas.



Desde a segunda praza (56 puntos) e sen tregua no axexo ao Atlético de Madrid Navalcarnero (58), o técnico laranxa, Lucas, pide concentración absoluta ás súas para medirse ao décimo terceiro (18 puntos) da táboa. “Será un partido complicado. Os dous equipos necesitamos puntuar; elas para escapar da zona baixa da táboa e nós para continuar na ronsel do liderado”, explicaba o mariñán, pedindo outra vez máis paciencia ás súas xogadoras para medirse a un rival con defensa moi pechada que buscará o premio ao contragolpe, algo ao que as laranxas xa se afixeron esta tempada.



Na enfermería burelista, continúan as baixas de longa duración de Shio e Emma; Jozi xa está con traballo de fortalecemento do seu pulso. Lara, resentida da escordadura de nocello, chegará entre algodóns á cita.



CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 17. Maite, 31. Eva

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.