02/04/2016

Festín burelista en Ezkaba (1-8)

Festín burelista en Ezkaba (1-8)
O dominio burelista no xogo e o marcador deixou pegada en Ezkaba cun festín goleador das de Lucas ante o Orvina (1-8), que non foi capaz de xerar perigo para as mariñás.

Peque anotou o primeiro do CD Burela FS Pescados Rubén xa no minuto 3, de disparo exterior; no 8 Ceci asinaba o 0-2, de potente disparo dentro da área tras tentativa de despexe das navarras. Antes de chegar ao ecuador do primeiro acto, as locais aproveitaron con eficacia a súa primeira grande ocasión, nunha rápida contra culminada por Luci ao segundo pau. A resposta laranxa non se fixo esperar en demasía; Dany, pouco despois, volvía ampliar distancias. Nos últimos minutos antes do descanso, faltoulles acerto ás pupilas de Lucas para rematar as numerosas ocasións das que dispuxeron.

Con 1-3, renovouse a 22ª xornada de Primeira RFEF, cunha escuadra local máis aberta ante a que o conxunto galego soubo aproveitar os espazos para poñer terra por medio. No minuto 23, Bea Mateos e Peque subiron ata o 1-5, en tentativa de rexeite de Anna Riera. Antes de cumprirse o 30, a 7 laranxa anotaba o seu hat-trick, ao segundo pau, resultado que completou Maite, por partida dobre, revolvendo na zona de pivote unha par de balóns longos.

Ficha técnica

CD Orvina KE: Rebeca, Adela, Anna Riera, Luci e Patri (quinteto inicial). Tamén xogaron Aiora, Miriam, Yarima e Irati

CD Burela FS Pescados Rubén: Andre, Peque, Gaby, Bea Mateos e Dany (quinteto inicial). Tamén xogaron Maite, Ceci, Claudia e Eva

Goles: 0-1, min. 3 Peque ; 0-2, min. 8 Ceci; 1-2, min. 9 Luci; 1-3, min. 11 Dany; 1-4, min. 23 Bea Mateos (propia porta de Anna Riera); 1-5, min. 23 Peque; 1-6, min. 26 Peque; 1-7, min. 38 Maite; 1-8, min. 39 Maite

Árbitros: Ansa Villabona e Otamendi Lascarro, do colexio navarro; amoestaron con cartolina amarela a Luci polas locais.

Incidencias: Partido correspondente á 22ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Ezkaba

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.