09/04/2016

O Burela Pescados Rubén segue soñando e dorme líder tras gañar ao Universidad de Alicante

O Burela Pescados Rubén logra unha brillante vitoria por 3-1 ante o Universidade de Alicante que deixou boa imaxe en Vista Alegre pero claudicou ante bo xogo local. Con este resultado o conxunto mariñao déitase como líder á espera do result
O Burela Pescados Rubén segue soñando e dorme líder tras gañar ao Universidad de Alicante
O inicio da contenda foi trepidante cun Burela Pescados Rubén a ritmo de tambores que logrou plasmar o seu dominio con eficacia. Maite inaugurou o marcador (1-0) e sen que as alicantinas lograsen repoñerse do primeiro envite Peque cun disparo afastado marcou o 2-0. Con apenas cinco minutos de partido o Universidade de Alicante víase obrigado a unha remontada complexa, Txitxo gozou dunha boa ocasión pero o seu disparo foise ao pau. Apertou o Universidade de Alicante e noutra ocasión o pau evitou que se comprimise o marcador. A reacción levantina foise desvanecendo cando o Burela Pescados Rubén atopou a serenidade para anulala. Aos poucos, as burelistas manexaron con maior solvencia a saída de balón e a xerar ocasións aínda que lle faltaba sumar un terceiro tanto para noquear ao seu rival. Ao descanso chegouse con 2-0 e na continuación as mariñás mantiveron o control dun partido intenso no que ningún contendente se podía despistar. A mellor ocasión tívoa Peque que no man a man ante Jennifer executou unha preciosa vaselina que non entrou por moi pouco. O terceiro tanto laranxa resistíase e o Alacante aproveitou a súa oportunidade para recortar distancias (2-1) e poñer máis pimenta no partido. Lara Terrés finalizou unha boa xogada colectiva e canalizou a ofensiva visitante para buscar un empate que rondou por Vista Alegre ata que apareceu o oportunismo de Dany para asinar o 3-1 e tranquilizar á grada local, minuto 37. Acto seguido intentouno o Universidade de Alicante con xogo de cinco pero sen éxito. O Burela defendeu a súa renda con orde e conquistou tres importantes puntos na carreira polo título liguero. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Bea Mateos, Maite, Peque, Dany –cinco inicial- Gaby, Ceci, Claudia. Universidade de Alicante: Jennifer, Lara Terrés, Txitxo, Sara Navalón, Rocío Gracia –cinco inicial- Mónica Castillo, Paola, Ana María, Ángeles, Paula. Goles: 1-0, m.3, Maite; 2-0, m.4, Peque; 2-1, 33, Lara Terrés; 3-1, m.37, Dany. Árbitros: Feliz Otero, González Armada. Colegio gallego. Cartón amarelo a Bea Mateos, Maite del Burela Pescados Rubén e a Sara do Universidad de Alicante. Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.