16/04/2016

Sen erro en Gironella (3-6)

Sen erro en Gironella (3-6)
O CD Burela FS Pescads Rubén regresa de terras catalás con tres puntos máis, sen erro no seu propósito de loitar por todo. As pupilas de Lucas remaron contra a rápida iniciativa no marcador das locais, souberon recompoñerse nuns primeiros minutos moi rifados no marcador para apropiarse da cita con 2-4 xa ao descanso.

As mariñás viviron uns compases iniciais ás que non están afeitas. Ao temperán gol por arriba de Berta, desde saque de córner (minuto 3), cunha defensa laranxa que saíu tarde, o Burela FS respondeu cun contraataque de Dany no minuto 5, que culminou Gaby, soa, ao segundo pau. Volveron adiantarse as locais, con Stela ao bordo da área (minuto 9), pero non deixaron as da Mariña que o festexaran moito; no 10, Peque igualou de novo a contenda, asistida por Dany. Nese momento as de Lucas decidiron apropiarse do electrónico e do xogo, ampliando distancias Dany, de disparo afastado, no minuto 12 e Bea Mateos, finalizando unha contra de Peque, na recta final.

Na segunda parte o Burela FS Pescados Rubén non quixo deixar opción ao rival e seguiu buscando ampliar distancias. No minuto 28 anotou o 2-5; recolleu en zona de pivote, virouse e perforou a rede. As catalás intentaron a remontada con porteira xogadora nos últimos cinco minutos, ante unha atenta defensa burelista. Na recta final Peque atopou o 2-6 tras unha fulgurante xogada individual en galopada. O definitivo 3-6 chegou nos últimos segundos, tras un rexeite de Andrea co Gironella de cinco.

Ficha técnica

Gironella FS: Noelia, Stela, Zoe, Celia, Berta (quinteto inicial). Tamén xogaron Alicerce, Cristina, Helena, Julia, Laura, Alba

CD Burela FS Pescados Rubén: Andrea, Dany, Peque, Ceci, Bea Mateos (quinteto inicial). Tamén xogaron Gaby, Claudia

Goles: 1-0, min. 3 Berta Velasco; 1-1, min. 5 Gaby; 2-1, min. 9 Stela; 2-2, min. 10 Peque; 2-3, min. 12 Dany; 2-4, min. 20 Bea Mateos; 2-5, min. 28 Dany; 2-6, min. 38 Peque; 3-6, min. 39 Celia

Árbitros: Jordi Olivé e Juan Ona, do colexio catalán. Amoestaron con cartolina amarela a Bea Mateos (minuto 32) no Burela FS Pescados Rubén.

Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón municipal de Gironella

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.