21/04/2016

O fastuoso Palau, despedida a domicilio cun soño por diante

O fastuoso Palau, despedida a domicilio cun soño por diante

O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá mañá os seus desprazamentos ligueiros no fastuoso Palau Blaugrana, coa posibilidade aínda de converter en realidade o soño del play off ata a última xornada. A cita entre o maxestuoso FC Barcelona Alusport e os heroes laranxas comezará ás 21.00 horas, con emisión en directo de Esport 3 e a través da web de CRTVG. 



A grandiosidade do Movistar pesou demasiado a semana pasada nos mariñáns, pero o conxunto laranxa xa está noutras lides e xa demostrou que é capaz de todo; clasificouse no último minuto para a Copa de España e deu a cara en Guadalaxara. “O noso obxectivo non era estar entre os oito primeiros e estamos aí pelexando; competindo sempre demos a cara ante calquera e se respondemos así esta semana tamén podemos conseguir rabuñar algo” adiantaba o técnico, Daniel Ibañes, facendo un chamamento aos seus en concentración, valentía e actitude.



Fronte á segunda praza dos cataláns, os galegos chegan con 37 na novena praza, empatados co Peñíscola, que esta semana, na penúltima xornada, terá un compromiso máis accesible, recibindo a Jaén Paraíso Interior, duodécimo clasificado.



Á expedición laranxa volve Bruno, aínda que sen garantías de participación por unha rotura de fibras que o mantivo afastado as últimas semanas, e o xuvenil Renato.



Na primeira volta os blaugranas impuxéronse 0-5.




Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Bruno, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.