30/04/2016

O Burela FS arrebátalla o trono ao Navalcarnero (2-3)

O Burela FS arrebátalla o trono ao Navalcarnero (2-3)
O CD Burela FS Pescados Rubén loitou contra vento e marea en terra hostil para cumprir coa súa décimo cuarta vitoria consecutiva e arrebatarlle o liderado ao Atlético de Madrid Navalcarnero na súa casa, co apoio de máis dun centenar de afeccionados laranxas. As pupilas de Lucas remontaron en dúas ocasións a dianteira do Futsi e marcaron o definitivo 2-3 no último minuto, un resultado que lles outorga a primeira praza de Primeira RFEF con 1 punto de vantaxe sobre as madrileñas a falta de catro xornadas para o final ligueiro.

O equilibrio e a intensidade reinaron sobre a pista de La Estación con dous equipos máis que decididos a non cometer erros e sen deixar ceder nin un ápice de cortesía ao rival. As locais conseguiron adiantarse a falta de pouco máis de tres minutos para o descanso nun rexeite tras lanzamento ao segundo pau de María Sanz.

As filas galegas apostaron por imprimir máis intensidade e dominio nos primeiros compases do segundo período. Gaby, no minuto 24, igualou a contenda a balón parado. Os máis de cen afeccionados laranxas tiveron que ver como volvía poñer terra por medio o Navalcarnero, con Amelia, nas proximidades do ecuador da segunda parte, tras recuperación na pista burelista. Armáronse de máis paciencia e coraxe, cun toque extra de concentración as mariñás, para non ceder ante nada; apostaron desde o minuto 30, con Bea Mateos liderando o xogo de cinco. No 36 apareceu a oportunidade de ouro; volveron as merecidas táboas ao luminoso cun penalti transformado por Peque. No último minuto, a animada e ruidosa bancada laranxa estalou de alegría co 2-3 de Peque, en colaboración con Dany.

Vista Alegre acollerá o regreso da liga, tras o Torneo de Moscova (6-8 de maio), o domingo 15 coa visita do Roldán Jimbee FS.

Ficha técnica

Atlético de Madrid Navalcarnero: Estela, Ju Delgado, Leti, Ariane, Amelia, cinco inicial; tamén xogaron Desi, Marta Pelegrín, María Sanz

CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Dani, Peque, Bea Mateos, Maite, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Claudia, Ceci

Goles: 1-0, minuto 17, María Sanz; 1-1, minuto 24, Gaby; 2-1, minuto 29, Amelia; 2-2, minuto 36, Peque (penalti); 2-3, minuto 39, Peque

Árbitros: David Martín Sanz e Javier Sanz, do colexio madrileño. Por Navalcarnero a Ju Delgado (minuto 36). Por Burela FS a Gaby e Jozi (minuto 29)

Incidencias: Partido correspondente á 26ª xornada da Primeira División RFEF disputado en La Estación con máis de 100 afeccionados laranxas

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.