13/05/2016

Mini, Aarón, Pitero e Xosé defenderán a Lugo no Galego Xuvenil

Mini, Aarón, Pitero e Xosé defenderán a Lugo no  Galego Xuvenil

Os xogadores do CD Burela FS Pescados Rubén xuvenil Álex García ‘Mini’, Aarón Fernández, Christian Rivas ‘Pitero’ e Xosé Cayón defenderán a Selección de Lugo no Campionato Autonómico Xuvenil, que se disputará en Pazos de Borbén o Día das Letras Galegas, martes 17 de maio.



O combinado lugués compartirá o Grupo II con Vigo e Ourense. O Grupo I estará composto por Santiago, Pontevedra e A Coruña.



Os catro xogadores laranxas participarán esta tarde no último adestramento preparatorio antes da gran cita; será en Baamonde ás 18.00 horas.




Nacional Infantil. O burelista Jorge Quelle está inmerso con Galicia Infantil no Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas en Murcia. Clasificouse para semifinais con derrota inaugural do mércores ante Castela-A Mancha (4-3) e triunfo fronte ás Baleares (6-3); mañá loitará polo billete para a final con Andalucía (11.00 horas).

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.