15/05/2016

Contundente vitoria do Burela Pescados Rubén que camiña firme cara ao título

O Burela Pescados Rubén suma e segue no camiño cara á conquista ligueira tras superar por 6-1 a un Jimbee Roldán FSF que pelexou na primeira parte pero que claudicou na segunda ante o poderío laranxa. Con este triunfo o Burela Pescados Rubé
Contundente vitoria do Burela Pescados Rubén que camiña firme cara ao título
O partido entre galegas e murcianas comezou con precaucións e respecto entre os equipos, as burelistas tomaron a iniciativa ante un Jimbee Roldán que se protexía defensivamente para non conceder espazos ás locais. O Burela soubo elixir o seu momento e Ceci inaugurou o marcador no minuto 6 culminando unha boa combinación colectiva. A pesar do 1-0 as visitantes non cambiaron o seu guión logrando conter o caudal ofensivo burelista. Sen ocasións claras transcorrían os minutos pero no minuto 12 Dany aproveitou un erro murciano para bater a Espe cun disparo seco desde 10 metros. O 2-0 deixou noqueado momentáneamente ao Jimbee Roldán pero as murcianas lograron reaccionar no tramo final do primeiro periodo. Marta Peñalver gozou de tres duelos ante Jozi que desbaratou cada un deles pero no minuto 17 Consuelo recortou distancias cunha vaselina precisa aproveitando a posición adiantada da meta burelista. O tanto espoleou ao Burela Pescados Rubén que a punto estivo de lograr o terceiro cun disparo ao pau de Peque e unha vaselina de Maite pero ao descanso chegouse co 2-1. Na continuación a escuadra laranxa saltou á pista con con determinación e embotellou a un Jimbee Roldán que se defendía en 10 metros. O acoso e derribo mariñao recolleu o seu premio co 3-1, minuto25. Peque rouboulle a carteira a Marta Peñalver e definiu con claridade ante Espe. Co 3-1 o dominio burelista era absoluto. A excelente presión alta das de Lucas minou unha e outra vez a saída das murcianas. O cuarto resistíase aínda que a presenza ofensiva visitante nesta segunda parte era testimonial. A seis minutos para o desenlace o Jimbee apostou polo xogo de cinco asinando a súa sentenza definitiva no partido. O Burela Pescados Rubén liquidou o partido nun abrir e pecha de ollos. Dany marcou o 4-1 penalizando outra concesión visitante e Maite asinou o 5-1 dende media pista. No minuto final Dany completou a súa gran actuación selando o 6-1 final e o seu hat trick. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Peque, Dany, Gaby –cinco inicial- Maite, Claudia, Ceci, Andrea, Judith. Jimbee Rodán FSF: Espe, Marta Peñalver, Inma Sojo, Consuelo, Claudia –cinco inicial- Anita París, Cris Pérez, Miriam. Goles: 1-0, m.6, Ceci; 2-0, m.12, Dany; 2-1, m.17, Consuelo; 3-1, m.25, Peque; 4-1, m.34, Dany; 5-1, m.35, Maite; 6-1, m.40, Dany. Árbitros: García Arbona, Silvia Plano. Asturias Incidencias: Partido correspondente á 27ª xornada da Primeira División RFEF disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 500 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.