20/05/2016

Tres finais para un soño

Tres finais para un soño

O CD Burela FS Pescados Rubén visitará mañá a pista do FSF Móstoles (Villafontana, 16.30 horas), na antepenúltima xornada de Primeira RFEF, para disputar a primeira das tres finais que faltan para alcanzar o soño da liga. As pupilas de Iván Cao, Lucas, defenderán o liderado (74 puntos) ante o noveno clasificado (34 puntos), rival ao que se impuxeron na primeira volta 7-3.



“Estamos con moitas ganas e máis fortes que nunca; cada partido é para nós unha final” explicaba a incorporación invernal do Pescados Rubén, Dany, que asinou un triplete na última xornada, fronte ao Jimbee Roldán FSF (6-1). “O ambiente no vestiario é moi positivo pero agora mesmo só pensamos en Móstoles, imos partido tras partido. Creo que teremos que traballar moito para romper a súa defensa e máis na súa casa” advertía a 3 burelista, que atribuíu ás súas compañeiras a responsabilidade do gran momento persoal que está vivindo na Mariña: “Grazas ás miñas compañeiras, coas que estiven na miña anterior etapa -Peque, Maite, Jozi...- e ao resto, é coma se non me fose ao Brasil; todas me facilitaron moito o traballo. Oxalá siga marcando máis goles, que traian os tres puntos, claro”.



“Para nós a afección é o sexto xogador, motívanos a diario e sentimos sempre a súa forza, en Vista Alegre e fóra. Nesta recta final son máis importantes ca nunca” concluía así Dany unha hora antes de subirse ao autobús rumbo á 28ª xornada.



Ás baixas das lesionadas Shiori, Emma e Lara, súmase a ausencia de Judith, por enfermidade; entrará na convocatoria Silvia Rubal, do conxunto filial.



Desde a segunda praza e con 1 punto menos que as laranxas, o Atlético de Madrid Navalcarnero recibirá mañá (19.00 horas) o UA Alicante, quinto clasificado, con dous puntos menos que o Ourense Envialia, en postos de Copa de España.



CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 17. Maite, 25. Silvia Rubal

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.