02/06/2016

'Descubre o Fútbol Sala' despediuse en Ferreira

'Descubre o Fútbol Sala' despediuse en Ferreira

Jozi e Matamoros clausuraron esta semana o programa “Descubre o Fútbol Sala” 2015-16 do CD Burela FS Pescados Rubén no CEIP de Ferreira do Valadouro. Os xogadores laranxas compartiron as súas habilidades co esférico sobre a pista co alumnado de 4º, 5º e 6º,  acompañados polo director deportivo da entidade, Juanma Marrube, e o alumno en prácticas do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo Adrián Eijo.


O programa de difusión do fútbol sala para os máis novos viviu unha intensa recta final nestas dúas últimas semanas tendo tamén como destinos colexios de Burela e San Cibrao. Os rapaces/as de 3º, 4º, 5º e 6º gozaron dúas xornadas laranxas xunto a Maite, Andrea, Lara, Iago Míguez, Isi, Petry, Iago Rodríguez e Chano; Álex e Renato visitaron o alumnado de 3º e 4º do centro cervense.


Ao longo do curso 2015-16, a filosofía laranxa, con xogadores, xogadoras e técnicos, tamén compartiu pista e balón nos colexios de Muras, Covas, Foz, Xove e Fondo Nois, ademais do IES Perdouro de Burela.

A Familia Laranxa retomará a actividade de “Descubre o Fútbol Sala” co comezo do curso escolar.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.