20/06/2016

Dany e Jozi seguirán no Pescados Rubén

Dany e Jozi seguirán no Pescados Rubén

As brasileiras Daniela Domingos Lopes e Joziane de Oliveira seguirán vestindo de laranxa. O CD Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo coa pivote Dany por dúas tempadas e coa meta Jozi por unha. Nos vindeiros días, a entidade mariñá formalizará oficialmente a garantía do toque goleador e a solidez baixo os paus neste tándem.




Na súa aposta pola continuidade do proxecto, a directiva está achegando posturas co bloque campión de Liga 2015-16 e Supercopa de España 2015, para 2016-17.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.