26/07/2016

Abonos para a tempada 2016-17

Abonos para a tempada 2016-17

O CD Burela FS Pescados Rubén aprobou na súa última asemblea, o 27 de xuño, as cotas dos abonos para a tempada 2016-17, con dereito a presenciar os partidos de Vista Alegre tanto en Primeira LNFS como en Primeira RFEF.



Individual: 85 euros



Familiar: 145 euros



Xubilado: 60 euros



Abono 25 (de 18 a 25 anos): 30 euros



Abono 17 (de 0 a 17 anos): 10 euros




Días do Club. As visitas en Primeira LNFS de FC Barcelona (5 de novembro, xornada 5), ElPozo Murcia (7 de xaneiro, xornada 14) e Movistar Inter (21 de xaneiro, xornada 17) á Bomboneira volverán ser declaradas días do club, mantendo os prezos tanto para socios (5 euros/adulto e 1 euros/menor de idade) como para non socios (15 euros/adulto e 5 euros/menor de idade)



Non socios. En Primeira LNFS, para as persoas que non dispoñan do abono 2016-17, a entrada custará 10 euros/adulto ou 5 euros/menor de idade. En Primeira RFEF, o prezo será de 5 euros/adulto.




Horario de Primeira LNFS. Outro dos temas abordados na asemblea de xuño foi a proposta duns dos socios para trasladar os partidos de Primeira LNFS en Vista Alegre á noite dos venres, que obtivo 18 votos a favor e 7 en contra. O cambio definitivo do horario habitual, marcado ata o momento para as 18.30 horas dos sábados, será tratado nunha asemblea extraordinaria en próximas datas.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”