19/08/2016

Judith: 'Burela é o mellor club para seguir medrando e aprendendo'

Judith: 'Burela é o mellor club para seguir medrando e aprendendo'
Adeus ás vacacións. A novísima Judith Pedreira Arias (A Coruña, 1998) xa só ten pensamento para o fútbol sala e o CD Burela FS Pescados Rubén, inmersa no traballo preparatorio da que será a súa segunda tempada na Mariña. “É o mellor club para seguir crecendo e aprendendo. O club apostou por min e quero devolverlle esa confianza dando todo de min”, aseguraba a xogadora, disposta a asumir o desafío de dar un paso adiante, como teñen en mente Lucas e Julio Delgado, para as máis novas do vestiario. “Eu vouno dar todo para poder ser importante para o equipo” puntualizaba a ala-peche na compaña do presidente, Manuel Blanco, e o directivo Luis A. Guillén, que salientaron “a capacidade de adaptación e versatilidade” de Judith “cun futuro moi prometedor no fútbol sala”.

“Estamos moi centradas no traballo físico, para poder afrontar ben a tempada; estamos traballando para adquirir ritmo e sobre todo para que as rapazas novas se familiaricen coas nocións do noso xogo” explicaba a laranxa na segunda semana xa de pretempada.

Á 15 laranxa, que compatiblizou responsabilidades entre Autonómica e Primeira División en 2015-16, iluminánselle os ollos lembrando a fazaña da súa primeira experiencia en Primeira: “Foi un ano incrible; non esperaba gañar liga, Supercopa e estar tan preto de Copa. Non é doado de explicalo con palabras, tan só se pode vivir. Estou moi contenta de poder formar deste proxecto e moi agradecida tanto á directiva coma ao corpo técnico e ás xogadoras” confesaba Judith, entusiasmada coa nova campaña: “Con ganas, esforzo e ilusión pódese conseguir todo e para iso traballaremos. Fóronse piares básicos pero tamén quedaron outros moi importantes e sacaremos o proxecto adiante”.

Aos seus 17 anos, a de 2016 será a segunda Supercopa de España de Judith; a confianza da xogadora radica na garra e coraxe do cadro laranxa: “Este equipo sempre brillou por loitar e non darse nunca por rendido. Vai ser complicado; o Atlético de Madrid Navalcarnero mantén o grupo e nós estamos nunha etapa de reconstrución, pero loitaremos por todo como estamos acostumadas”. O primeiro título da tempada decidirase en Vista Alegre o 3 de setembro; antes, o 27 de agosto, as laranxas terán que disputar o partido de ida en La Estación.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.