Actualidade
Dany súmase esta tarde á pretempada burelista
Despois de finalizar con éxito os trámites burocráticos no seu país, a brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany, reunirase esta tarde coas súas compañeiras para unirse ao traballo de pretempada do conxunto de Lucas e Julio Delgado.
A 3 laranxa poderá entrar na rotación para o segundo compromiso das mariñás, este mércores fronte á Selección da Costa da Morte, en Dumbría (O Conco, 20.00 horas), como antesala do inicio de Supercopa de España; o partido de ida fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero será o sábado ás 18.00 horas (La Estación) -EN DIRECTO POR STREAMING.
Triangular ourensán
Na súa segunda semana de preparación, a renovada escuadra burelista estreou a axenda de amigables o sábado pasado na cidade das Burgas, ante dous rivais de Primeira División. Un gol de Silvia Rubal deulles o empate (1-1) ás mariñás fronte ao anfitrión, Ourense Envialia. O Pescaos Rubén pechou a súa primeira cita con Poio Pescamar FSF con 3-0 en contra. Experiencia e mocidade compartiron minutos sobre a pista con Jozi, Nerea, Bea Mateos, Lara, Judith, Silvia Rubal, Paula Cortiñas, Sofía, Elvira, Helena e Sabela.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas