31/08/2016

Dispoñibles xa os carnés 2016-17

Dispoñibles xa os carnés 2016-17

Os socios/as do CD Burela FS Pescados Rubén poderán recoller o carné 2016-17, dende hoxe, 31 de agosto, na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo). Tamén poderán facelo no pavillón Vista Alegre de Burela esta fin de semana coincidindo co partido de volta da Supercopa de España fronte ao Atlético de Madrid Navalcarnero, o sábado (20.00 horas).



Todos os interesados en abonarse ao CD Burela FS Pescados Rubén poden darse de alta na oficina do club (Horario de atención ao público: De luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas).



Tarifas de socios/as para 2016-17



Individual: 85 euros
Familiar: 145 euros
Xubilado: 60 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 30 euros
Abono 17 (de 0 a 17 anos): 10 euros



Entradas para Supercopa
O prezo da entrada para Supercopa, este sábado, será de 1 euro para soci@s adult@s e 2 euros para non socios adult@s; os menores de idade terán acceso gratuíto ás instalacións. A taquilla de Vista Alegre abrirá unha hora do inicio sobre a pista, ás 19.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.