28/09/2016

Presentación do Torneo Burela Bonita

Presentación do Torneo Burela Bonita

 O consistorio burelao acolleu esta mañá a presentación oficial do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita, que reunirá entre o venres e o sábado en Vista Alegre un repertorio de luxo; o acto contou coa presenza do alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández, xunto ao presidente do Pescados Rubén-Burela FS, Manuel Blanco. A cita servirá de posta de longo do equipo laranxa 2016-17 de Primeira LNFS, que se dará a coñecer ante a súa afección coas novidades de Joan Miñano e Cuco, xunto ao campión de campións Movistar Inter, o revelador Palma Futsal e o outro representante irmandiño do futsal de elite, Santiago Futsal.



“Para Burela é un privilexio ter un cartel deste nivel, un dos mellores de España; esta fin de semana Vista Alegre reunirá o mellor fútbol sala de Primeira. Este tipo de eventos son unha gran proxección para difundir o nome de Burela e nesta liña seguiremos colaborando co club en todo o que podamos” explicaba Alfredo Llano desde o Concello de Burela, como coorganizador do cuadrangular xunto á entidade laranxa. Pola súa banda, Manuel Blanco, agradeceu a colaboración tanto desde o consistorio como desde outras institucións e empresas privadas e animou a afección a gozar do emocionante espectáculo que vivirá a Bomboneira. “Saltarán á pista o actual campión de Liga e Copa de España, o Palma como un dos máis fortes da liga pasada e os dous representantes galegos de Primeira; a afección gozará ao grande”, concluía o presidente laranxa.




Entradas. Para os socios/as habilitarase un único bono para os catro encontros, 10 euros/adult@ e 5 euros/menor de idade. Os non socios/as deberán adquirir unha entrada por cada xornada ao prezo de 10 euros/adult@ e 5 euros/menor de idade por día.



Venres 30 de setembro



19.00 horas. Semifinal 1: Movistar Inter FS-Palma Futsal
21.00 horas. Semifinal 2: Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal



Sábado 1 de outubro



19.00 horas. 3º e 4 POSTO: Perdedor Semifinal 1-Perdedor Semifinal 2
21.00 horas. FINAL: Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.