O Pescados Rubén buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do Navalcarnero
O Pescados Rubén Burela FS buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do poderoso Atlético de Madrid Navalcarnero (20.30 horas, La Estación), recuperando a 2ª xornada, aprazada polo falecemento de ex–burelista Marcelo Santoro, Neco. “Sabemos que será moi complicado, o Atlético ten un equipo que se coñece moi ben, de calidade intratable, e nós aínda estamos formación pero darémolo todo e esforzarémonos ao máximo” advertía Shiori Nakajima, unha das referencias en experiencia da escuadra mariñá.
A xaponesa regresou á pista, e de laranxa, no inicio de liga ante o Cidade das Burgas despois de estar afastada uns nove meses por unha lesión de xeonllo coa selección nipona durante o Campionato Mundial de Guatemala. “O meu principal desexo era recuperar sensacións sobre a pista e facelo fóra do Xapón; a oportunidade de seguir en Burela para min era a mellor” explicaba a 18 burelista, exultante coa súa volta e moi afanada en volver a ser a de sempre: “Non estou ao cento por cento, pero cada día vou mellorando. Estou moi cómada, con xente nova e veterana, traballando nun equipo cada vez máis competitivo” concluía Shio.
A expedición ten previsto chegar sobre as 18.30 ao seu destino.
Convocatoria: 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 9. Sabela, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira
Sábado 1, 4ª xornada. O equipo laranxa quedará en Madrid para disputar a xornada 4 o sábado, ás 20.00 horas, fronte a Afar Majadahonda FSF (La Granadilla).
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas