30/09/2016

Santiago, segundo finalista do Burela Bonita

Santiago, segundo finalista do Burela Bonita
O Santiago Futsal disputará o título do Burela Bonita mañá ás 21.00 (Vista Alegre) logo de impoñerse ao Pescados Rubén Burela FS por 1-6 esta tarde. Os laranxas pelexarán polo terceiro posto ás 19.00 horas fronte ao Movistar Inter FS, que sucumbiu ante os insulares nos penaltis.

Alemao, ao pau, e Petry, que non conseguiu recoller na área rival, protagonizaron as grandes ocasións dos minutos iniciais, superado o ecuador da primeira parte. No 15 a tentativa de Antoñito topouse co corpo de Chema. Tan só dous minutos despois, Dani Montes adiantou os composteláns, en galopada. Reaccionaron os de Daniel Ibañes con Iago Rodríguez como porteiro xogador en busca da igualada, sen éxito.

O Pescados Rubén non tivo tempo para recuperar posicións e sensacións sobre a pista. Antes de cumprirse o primeiro minuto, Antonio Diz anotou o 0-2. Avivou a chama do derbi segundos despois o ansiado regreso de Matamoros pero o encontro precipitouse en beneficio dos de Santi Valladares. No 22, Antoñito salvou os laranxas ao bordo da liña de meta, aínda que pouco tardou en chegar o terceiro compostelán, pola escuadra, de Dani Montes. Coa carga do 1-3, os de Daniel Ibañes tiveron un balón de ouro desde saque de esquina de Isi, que non materializou Mata; entón volveu o acerto para os da capital galega, con Ismael nun meteorito de lonxe, e Armando na medianía que ampliou ao 1-5. Iago Rodríguez volveu enfundarse na camiseta de porteiro-xogador; Mata no 33, Petry no 34 e Jorge en 35 dispuxeron das mellores dos da Mariña. O definitivo 1-6 chegou a falta de 54 segundos a porta baleira.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Chano, Jorge Bellvert, Antoñito, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Rodríguez, Petry, Isi, Carlitos, Hélder

Santiago Futsal: Chema, Alemao, Tallón, Ismael, Armando, cinco inicial; tamén xogaron Catela, Santi, Álex Diz, Diego, Dani, Antonio Diz, Mel

Goles: 0-1, minuto 17, Dani Montes; 0-2, minuto 21, Antonio Diz; 1-2, minuto 21, Matamoros; 1-3, minuto 22, Dani Montes; 1-4, minuto 29, Ismael; 1-5, minuto 30, Armando; 1-6, minuto 39, Antonio Diz (porta baleira)

Árbitros: Vilas López (Ourense) // Menéndez Nistal (Viveiro). Por Pescadaos Rubén, amarela a Petry e expulsión de Chano. Por Santiago amarela a Chema, Santi, Antonio Diz, Alemao

Incidencias: Segunda semifinal do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita disputada en Vista Alegre ante 700 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.