08/10/2016

Axustado triunfo do Pescados Rubén ante o Ucam ElPozo Murcia que deixou unha gran imaxe en Vista Alegre

Sufrida vitoria do Pescados Rubén Burela FS ante o Ucam ElPozo Murcia que caeu en Vista Alegre por un axustado 2-1. A escuadra murciana deixou un gran imaxe no feudo laranxa pero a súa escasa determinación na finalización condenouna á derro
Axustado triunfo do Pescados Rubén ante o Ucam ElPozo Murcia que deixou unha gran imaxe en Vista Alegre
Desde o pitido inicial o Ucam Murcia presentou os seus credenciais cunha presión alta e intensa que asfixiou ao conxunto burelista, Pepa e Montoro puxeron a proba a Ana Romero que desviou ambos disparos. Ata o minuto sete non chegou a primeira aparición ofensiva local cun disparo de Dany desviado por Cristina. Co paso dos minutos igualouse a contenda e o duelo transcorría sen perigo en ambas áreas. Nos minutos previos ao descanso as murcianas volveron apertar ao Pescados Rubén que logrou chegar ao descanso co marcador inicial. Na segunda parte o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior intensidade e movilidade. Jozi reapareceu en Vista Alegre que a recibiu cunha cariñosa ovación. O cambio de marcha mariñá propiciou maior presenza ofensiva e Judith logrou inaugurar o marcador cunha sorprendente e espectacular espuela tras pase de Cilene. O 1-0 asentou ao conxunto burelista aínda que as murcianas non baixaban o pistón obrigando a Jozi a desbaratar un par de ocasións. Pepa tivo o empate nun disparo cruzado que se estrelou no pau, minuto 29. Tras esta ocasión visitante o Pescados Rubén soubo aproveitar o seu momento e tras un penalti claro non pitado sobre Dany e unha vaselina ao longueiro de Judith chegou o 2-0. A conexión brasileira con Cilene como asistente e Dany como finalizadora aumentou a renda laranxa. Na recta final o Ucam Murcia apostou por xogo de cinco aínda que sen incidencias e no último minuto Cristina aproveitou un roubo de balón para bater a Jozi e situar o 2-1 que permaneceu inamovible ata o final. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Lara, Dany, Bea Mateos, Shiori -cinco inicial- Judith, Cilene, Silvia, Elvira, Jozi. Ucam ElPozo Murcia: Sonia, Mari, Pepa, Montoro, Rocío -cinco inicial- Cristina, Carla, Sara, Paula, Terrés, Cris. Goles: 1-0, m.24, Judith; 2-0, m.34, Dany; 2-1, m.39, Cristina. Árbitros: Fernández Becerra, Rey Castedo de Lugo. Cartóns amarelos a Lara e Cilene de Pescados Rubén Burela FS. Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira División, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 450 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.