12/10/2016

Pescados Rubén 3-4 Palma Futsal

Pescados Rubén 3-4 Palma Futsal
Vista Alegre estreou a liga de Primeira División cun gran Pescados Rubén Burela FS, con boa imaxe, sen perder a concentración e agresivo en defensa, que a punto estivo de igualar a contenda ante o poderoso Palma Futsal (3-4), apostando por un traballado despregamento de porteiro-xogador na segunda parte.

Comezou a rodar o balón en Vista Alegre con perigo burelista. Petry, de cabeza, deu vantaxe aos da casa, xa no minuto 2; o brasileiro recolleu a volea de Mata desde media pista para superar a Barrón, adiantado. Volveu tremer a rede do Palma pouco despois, no 5, cunha recuperación de Bellvert que despexou o porteiro visitante co pé, e no 6, un mísil afastado de Petry rozou o pau. Con cinco faltas antes de cumprirse o ecuador da primeira parte, os de Daniel Ibañes minguaron a súa ofensiva incisiva; cunha sólida defensa liderada por Álex e grandes intervencións de Bellvert e Chano puideron frear as intencións dos insulares ata o minuto 16, cando Vadillo puxo táboas no marcador, cun disparo raso que superou a Petry e o meta laranxa.

No regreso avisou o perigoso Petry desde a banda, pero foi Carlitos o que materializou o 1-2, no 22. Viviu entón Álex os seus minutos de máis traballo, impasible por arriba ante Joselito (minuto 26), co pé e corpo a corpo fronte a Eloy Rojas (minuto 27 e 29) e esperando a Carlitos no límite daárea (28). Tras o 1-3, de Paradynski (minuto 32), os da Mariña foron a por todas con xogo de cinco; o seu líder, Iago Rodríguez puxo o 2-3 nada máis saír. Tivo o empate Antoñito nos seguintes compases, ao bordo da liña de meta, pero aproveitou Tomaz, a porta baleira, para o 2-4. Petry levantou a Marea Laranxa no 36 co 3-4. Vista Alegre gozou dunha recta final intensísima fronte a un Palma Futsal que sufriu moito, pero ao final puido levar os tres puntos.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Isi, Iago Rodríguez, Matamoros, Petry, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Chano, Bellvert, Iago Míguez, Hélder

Palma Futsal: C. Barrón,Vadillo, Joselito, Favero, Paradynski, cinco inicial; tamén xogaron Carlitos, Eloy Rojas, Tomaz, Maico, Chicho

Goles: 1-0, minuto 2, Petry; 1-1, minuto 16, Vadillo; 1-2, minuto 22, Carlitos; 1-3, minuto 32, Paradynski; 2-3, minuto 33, Iago Rodríguez; 2-4, minuto 34, Tomaz; 3-4, minuto 36, Petry

Árbitros: González Moreta // Sánchez Chamorro (Castela e León). Por Pescados Rubén amarela a Matamoros (minuto 22), Iago Rodríguez (minuto 35). Por Palma amarela a Vadillo (minuto 2)

Incidencias: Primeira xornada de Primeira Division LNFS disputada en Vista Alegre ante 800 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.