07/11/2016

A Copa do Rei repite historia en oitavos para os laranxas

A Copa do Rei repite historia en oitavos para os laranxas

O Pescados Rubén Burela FS repetirá rival en oitavos de Copa do Rei mañá un ano despois. Os pupilos de Daniel Ibañes buscarán mañá no Ciudad de Tudela (20.30 horas) un desenlace diferente fronte ao seu verdugo de 2015-16, o Aspil Vidal Ribera Navarra (3-2); os galegos chegan tras 3-5 fronte ao Prone Lugo FS e os navarros con 1-2 ante Cidade de Narón.



O copeiro será o primeiro compromiso da semana para os mariñáns, que tamén terán que queimar roda en liga, cun longo desprazamento para disputar a sexta xornada o sábado na casa do Jaén Paraíso Interior (La Salobreja, 18.00 horas).



A expedición burelista, sen Chano, Petry e Isi por molestias, partirá mañá ás 10.00 horas.



Convocatoria Aspil Vidal Ribera Navarra: 15. Molina, 28. AbdelKarim,
3. Hamza, 6. Luisma, 7. Rubi, 8. J. Mínguez, 10. Oussama, 11. Kostas, 12. Pedro, 14. Lucas, 16. Ferrán Plana, 23. Álex Arriazu



Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.