11/11/2016

A Leganés, sen confiarse

A Leganés, sen confiarse

O Pescados Rubén Burela FS visitará mañá, na 10ª xornada de Primeira RFEF a un novel, o Leganés Masdeporte (18.00 horas, La Fortuna), con moita cautela malia os números. “É un recentemente ascendido, non coñecemos moito del pero o que si sabemos é que gañou ao Roldán, que é un equipazo, e que as súas derrotas foron case sempre pola mínima. Non nos podemos confiar” advertía Bea Mateos esta mañá, tras o último adestramento da semana para as laranxas.

Desde a 4ª praza, con 18 puntos, as mariñás plantaranse na pista do 13º clasificado, con 5 puntos, que desde o dobre empate nas xornadas inaugurais (2-2 Rubí e 1-1 Rioja) non puido volver puntuar ata a 8ª na visita do Roldán (3-2). As pupilas de Lucas e Julio Delgado buscarán dar continuidade ao traballado, merecido e sufrido triunfo da semana pasada no derbi con Ourense Envialia (1-0). “Puidemos adestrar con outro ánimo. O equipo necesitaba unha vitoria así e ante un rival que vai estar arriba; estamos con máis ilusión, con ganas de seguir facendo as cousas vén e ir partido a partido. Se saímos coma o sábado pasado en Vista Alegre poucos equipos nos van gañar na tempada; sabendo o que temos que facer, xogando en equipo e sufrindo, os resultados iranse dando” aseguraba a 14 burelista.

O Pescados Rubén está vivindo unhas semanas complicadas con escaseza de efectivos, un hándicap que intentan suplir cun esforzo extra e sobre todo con ilusión: “As lesións estannos minguando moito. Eu tiven un grande inicio, pero agora estou intentando recuperarme dunhas malas semanas. No entanto estou con moitas ganas e ilusión e intentando asumir a responsabilidade que me deron, unha faceta que me gusta” explicaba con optimismo Bea, que comparte a capitanía con Jozi esta tempada.

Na expedición mariñá, que partirá mañá ás 8.00 horas, non participarán Betim, por unha posible rotura de fibras, nin Paula, por un proceso vírico; Dany viaxará con molestias. Helena, afastada das pistas desde setembro, foi intervida onte con éxito no Polusa de ligamento cruzado anterior e menisco externo.

Convocatoria Leganés Masdeporte: 1. Marta Balbuena, 2. Marina, 3. Laura Jiménez, 4. Elsa Echarri, 5. Laura Medina, 7. Aida, 8. Benete, 9. More, 10. Puche, 13. Merce, 14. Patri Montilla, 10. Ampi

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.