19/11/2016

Adeus da Bomboneira a 2016 con vitoria ante Móstoles (4-3)

Adeus da Bomboneira a 2016 con vitoria ante Móstoles (4-3)

As pupilas de Lucas e Julio Delgado ataron con uñas e dentes os tres puntos de Vista Alegre esta tarde na visita de Móstoles FSF (4-3). Con bo xogo por momentos e xerando ocasións, o Pescados Rubén Burela FS chegou a dispoñer dunha vantaxe de 4-1 nos primeiros minutos do reicinio, que conseguiron acurtar as visitantes apostando pola porteira-xogadora.



A xenialidade da pichichi laranxa fixo acto de presenza nas primeiras transicións; nun balón rápido Dany inaugurou o luminoso, cando había transcurrido 1 minuto e 1 segundos. Adiantaron filas as visitantes para evitar as incisivas e rápidas chegadas das mariñás. Con todo, as galegas buscaron as alternativas necesarias; no minuto 7, Cilene puxo en pé á Bomboneira cun gol desde a pista laranxa, con Etayo un pouco adiantada. Unha das primeiras ocasións das de Móstoles chegou na medianía do primeiro acto, cun disparo de Celia que se paseou por diante da liña de meta burelista. Nos seguintes tres minutos tivo máis traballo a porteira burelista, pero sen complicacións ata que María Otero reduciu distancias a falta de cinco minutos para o descanso recollendo o balón de Patri Chamorro, bloqueada por Jozi; Shio en última liña non puido evitalo. Antes (minuto 13) había ter o terceiro Sofía nas súas zapatillas tras parede con Lara.



Bea Mateos, asistida por Shio, anotou o terceiro burelista no reinicio, no minuto 22. O tándem hispano-nipón tamén deixou o seu autógrafo no cuarto, no minuto 25; Shio tan só tivo que empuxar ao bordo da liña de meta o disparo da 14 burelista. Tras un balón de ouro de Elvira, sóla ante a rede mostoleña, no 26, as visitantes recorreron ao xogo de cinco, co que puideron reducir distancias no 28, de Celia (4-2); antes Elvira perdoara a porta baleira. Antes de cumprirse a medianía do segundo acto Inma apertou máis o electrónico nunha rápida saída. As locais fixeron valer a fortaleza da Bomboneira para sumar tres novos puntos, podendo ser máis cómoda a vitoria, con ocasión a porta baleira a falta dun minuto e medio para a bucina fina e nunha gran xogada persoal de Dany a falta de 1 segundos.



Ficha técnica



Pescados Rubén-Burela FS: Jozi, Dany, Lara, Bea Mateos, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Elvira, Cilene, Silvia, Judith, Sofía



Móstoles FSF: Etayo, Patri Chamorro, Celia, María Otero, Inma, cinco inicial; tamén xogaron Carmen Alonso, Bet, Alba Peña



Goles: 1-0, minuto 1, Dany; 2-0, minuto 7, Cilene; 2-1, minuto 15, María Otero; 3-1, minuto 22, Bea Mateos; 4-1, minuto 25, Shiori; 4-2, minuto 28, Celia; 4-3, minuto 29, Inma



Árbitros: Mella Brea // Carreira Romero (A Coruña). Por Burela amarela Silvia (minuto 7)



Incidencias: Partido da undécima xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante 400 persoas

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.