13/12/2016

En xogo o último billete para semifinais da Copa do Rei

En xogo o último billete para semifinais da Copa do Rei

O Pescados Rubén-Burela FS saltará mañá á pista do Centro Insular de Deportes de Gran Canaria ás 20.00 horas (hora local) coñecendo xa a identidade de tres dos protagonistas de semifinais de Copa do Rei, que se decidirán hoxe en cuartos entre Valdepeñas FS-Magna Gurpea, Levante UDDM-Jaén Paraíso Interior e Catgas Enería-ElPozo Murcia. “Esperamos entrar na historia do club; unha vitoria ante Gran Canaria FS daríanos a grande oportunidade do Pescados Rubén de entrar en semifinais” explicaba entusiasmado Raúl García, Cuco.



“Son competicións diferentes e o resultado do sábado non vai influír, aínda que oxalá a vitoria volva caer do noso lado” ansiaba o 21 laranxa, un dos estandartes rematadores do partido de liga fronte aos insulares hai tan só tres días (4-10), xunto a Iago Míguez, Matamoros e Isi. “O importante é que gañe o equipo, a autoría dos goles é anecdótica. Moitas veces axúdase igual, ata máis, doutras formas aínda que non haxa goles” restaba así relevancia ao seu acerto de cara a portería a ala madrileño.



“Non estamos afeitos a estar tantos días concentrados e faise un pouco tedioso, pero intentamos compensalo coa mentalidade de competición. Despois do adestramento desta mañá, pola tarde daremos un paseíño para despexar a mente e mañá a por todas no partido” concluía Cuco.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.