07/01/2017

Dany da la victoria a las naranjas a 9 segundos para el final

Dany da la victoria a las naranjas a 9 segundos para el final

O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta tarde 3 puntos importantísimos na visita do Jimbee Roldán FSF a Vista Alegre, cun máis que traballado 1-0, con selo de Dany, a nove segundos para a bucina final. "O peso do partido estivo repartido, pero cando quixemos a iniciativa, na recta final, tivémola; foi un partido no que estivemos cómodos en defensa, para saír á contra. É unha vitoria moi importante para nós sobre todo vindo dun parón tan longo e fronte a un rival que estaba moi preto", explicaba o técnico, Iván Cao 'Lucas' tras a cita. A nota negativa da xornada para as laranxas foi o golpe que sufriu na cabeza Judith na segunda parte; a 15 burelista tivo que retirarse do encontro e foi trasladada ao Hospital da Costa para a súa valoración. 



O partido respirou nos compases iniciais sen ocasións claras e con grande acerto baixo os paus en ambas as bandas. Unha das mellores oportunidades das da casa viviuse no minuto 18, cunha vaselina de Elvira ante unha adiantada Andrea, que se marchou desviada. Tras o descanso, Jozi e Andrea souberon manter a rede a cero para as súas. Ambas as escuadras acusaron o cansazo nos últimos minutos, pero o Pescados Rubén tivo máis cabeza e soubo xogar as súas armas. Coa aposta de porteira-xogadora, abandeirada por Bea Mateos, no último minuto, as visitantes tiveron unha ocasión de ouro a porta baleira, pero foron as laranxas as que sentenciaron, con Dany pegada ao pau, para xúbilo da bancada da Bomboneira.



Ficha técnica



Pescados Rubén-Burela FS: Jozi, Dany, Bea Mateos, Judith, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Sofía, Elvira, Cilene, Silvia



Jimbee Roldán FSF: Andrea, Miriam, Mayte Mateo, Consolo, Mariángeles, cinco inicial; tamén xogaron Inma Sojo, Ángela, Téllez, Verdú



Goles: 1-0, minuto 39, Dany



Árbitros: Moreira Bermúdez // Manteiga Rodríguez (A Coruña). Por Burela FS, amarela a Bea Mateos (minuto 39). Por Roldán, amarela a Inma Sojo (minuto 24), Andrea (38).



Incidencias: Partido da 13ª xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre ante 500 persoas

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.