10/01/2017

Levante 6-1 Pescados Rubén

Levante 6-1 Pescados Rubén

O Pescados Rubén Burela FS non puido pechar a primeira volta esta noite con boas sensacións, caendo 6-1 na casa do Levante UD DM. Aos mariñáns pesoulles demasiado o electrónico en contra; no segundo período puideron traballar con firmeza pola remontada co 3-1 de Iago Rodríguez, aínda que as expulsións de Chano e Iago Míguez lastraron en exceso a tentativa.



Os burelistas tiveron que loitar co marcador en contra desde o minuto 7, cun remate de Emilio Buendía que perforu a rede tras pase diagonal de Cecilio. No minuto 13, Edu, nunha espectacular man, desbaratou o segundo dos locais, de novo nas zapatillas de Buendía; antes, no ecuador do primeiro acto, Iago Míguez dispuxo dunha perigosa ocasión para a igualada. A falta de 3 minutos para o descanso, os mariñáns optaron por xogo de cinco, tras o 2-0 finalizando Kiko Berrocal o contraataque iniciado por Lucho. Con todo, a aposta non acompañou os intereses do Pescados Rubén, que segundos despois encaixou o 3-0, de novo nun pase de Cecilio para Emilio Buendía.



Ata o minuto 27 resistíuselles a portería aos de Daniel Ibañes, que reduciron distancias con firma de Iago Rodríguez. Tan só un minuto despois o 9 laranxa volveu poñer en apertos o meta valenciano, aínda que sen éxito. Tras a expulsión de Chano, que viu a segunda amarela no 31, Emilio Buendía subiu o 4-1 no 33, no terceiro da súa conta particular, aproveitando a superioridade. Pouco despois, as filas laranxas volveron ser castigadas coa marcha de Iago Míguez aos vestiarios, tamén por dobre amarela. A falta de 3 minutos, volveu o porteiro xogador á pista para os burelistas; Renato intentouno de lanzamento cruzado, sen fortuna. Non erraron os locais, de novo nun inspirado Emilio Buendía (5-1, minuto 38), completado por Álex Oviaño (6-1, minuto 39).



Ficha técnica



Levante UD DM: Yeray, Lucho, Sena, Borja Milán, Pizarro, cinco inicial; tamén xogaron Cecilio, Emilio Buendia, Kiko Berrocal, Márquez, Tripodi, Álex Oviaño, Sergi



Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Matamoros, Iago Rodríguez, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Isi, Chano, Renato, Hélder, Carlitos



Goles: 1-0, minuto 7, Emilio Buendía; 2-0, minuto 16, Kiko Berrocal; 3-0, minuto 17, Emilio Buendía; 3-1, minuto 27, Iago Rodríguez; 4-1, minuto 33, Emilio Buendía;5-1, minuto 38, Emilio Buendía, 6-1, minuto 39, Álex Oviaño



Árbitros: Juan Cerda // Martínez García (Colexio Balear). Por Levante, amarela a Tripodi (minuto 28). Por Burela FS, amarela a Iago Míguez (minuto 12 e 34), Chano (minuto 15 e 31)



Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira División LNFS disputado no pavillón de El Cabanyal

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.