30/01/2017

Judith: 'Iremos por todas, dende o quentamento ata o asubío final'

Judith: 'Iremos por todas, dende o quentamento ata o asubío final'

O Pescados Rubén Burela FS loitará mañá por gañar o billete para a final da XXVI Copa Galicia; será na casa do Ourense Envialia a partir das 20.30 horas (Os Remedios). A rivalidade directa en liga, entre a quinta praza das ourensás (28 puntos) e a cuarta das burelistas (33), porá aínda máis emoción, se cabe, para a cita irmandiña, co firme obxectivo das laranxas de bater o dono actual da Copa, despois de caer na edición pasada en semifinais. “Nós chegamos con moitas ganas de volver a disputar unha final; iremos por todas, dende xa o quentamento ata o asubío final”, proclamaba ao vento así a ilusión burelista Judith Pedreira.



“Sabemos que vai ser moi competido e moi complicado. O Ourense Envialia é o vixente campión, é un equipo moi forte, que loita por cada balón. A defensa vai ser clave para quedar co partido e para armar despois bos ataques” adiantaba a 15 laranxa, horas despois de regresar do seu periplo con Galicia Sub-21 no Campionato de Seleccións Autonómicas de Xetafe, onde tamén tivo tempo de intercambiar impresións sobre as semifinais de Copa Galicia: “Había xogadoras de equipos das dúas semifinais e falamos un pouco entre nós de que todas iamos intentar chegar á final e que xa nos veriamos as caras na gran cita”.



Judith pecha un capítulo máis da Irmandiña, despois dunha goleada fronte a Cantabria (7-4) e de sucumbir ante Madrid (1-2), resultado que afastou a Galicia da clasificación para a final. “Foi unha mágoa porque planteamos o partido dunha forma incrible; soubemos facerlle fronte a Madrid, comezamos gañando pero elas empataron con moita fortuna, nun rexeite que deu na nosa defensa. Quedámonos con todo o bo que fixemos tanto con Cantabria coma con Madrid e coas boas sensacións que deixou a Selección Galega”, reflexionaba así a burelista.



Poio-As Burgas. O outro billete para a final decidirase o mércores, no pavillón da Seca a partir das 20.15 horas, entre o Poio Pescamar FS e o Cidade das Burgas.



Comezo da segunda volta. As pupilas de Lucas e Julio Delgado volven á competición ligueira despois do descanso polo Campionato de Seleccións Autonómicas; arrancarán a segunda volta completando a semana irmandiña, de dobre visita aos Remedios. Mediranse ao Cidade das Burgas o sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 horas, con emisión en directo de TVG2. Jud

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.