14/02/2017

Fronte ao muro blaugrana

Fronte ao muro blaugrana

A 20ª xornada de Primeira LNFS tenlle preparado xa ao Pescados Rubén Burela FS o colosal reto de plantar cara ao muro do FC Barcelona Lassa mañá, a partir das 20.00 horas, no Palau Blaugrana, con emisión de Esport 3.



Os cataláns recibirán no seu feudo aos laranxas coa intención de recuperar o trono da táboa logo de ceder o liderado a Movistar Inter coa sorpresa do empate na casa do Gran Canaria FS (6-6). “Ir ao Palau pensando que se pode gañar en principio é unha utopía, pero teremos que intentalo” advertía o técnico burelista, Tomás de Dios, nun case imposible que os resultados da última xornada achegaron un pouco máis ás ilusións dos galegos, no seu empeño de refrotar as esperanzas para o Pescados Rubén e afastarse dos postos perigosos: “Fisicamente e emocionalmente non estamos ben, é pola sobrecarga de traballo. Á parte de especialistas, a finalización tamén precisa frescura e tivemos moita carga de traballo estas semanas” explicaba así De Dios a situación do equipo desde a súa chegada á Mariña, hai menos dun mes, facendo referencia tamén á enfermería, con Chano e Mata, lesionados, ademais de Edu.




O de mañá é un partido de urxencias e así se exporá, asumindo todo o risco para facer realidade unha fazaña: “A situación inicial de 5 para 4, como ocorreu en Copa do Rei con Magna, podería repetirse para intentar poñernos por diante. Empezar o partido gañando sería moi importante para nós; ata agora non vivimos esa situación” puntualizaba así o adestrador burelista, sobre o revulsivo moral que podería incidir no cadro mariñán para medrar ante a adversidad o Barcelona.



A expedición mariñá, en terras catalás desde esta mañá, adestrará esta tarde (18.00 horas) no Palau e mañá pola mañá (11.00 horas) na Cidade Deportiva Joan Gamper.




Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 31. José Carlos




Vista Alegre



O cadro de Tomás de Dios despedirá a semana coa xornada 21 o sábado, en Vista Alegre, fronte ao Jaén Paraíso Interior (18.30 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.