Actualidade
15/02/2017
FC Barcelona 6-2 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS competiu e sufriu ata o último segundo no Palau (6-2) pero non puido dar a sorpresa fronte a un dos todopoderosos da liga. Despois do empate en Gran Canaria, o Barcelona recibiu os laranxas, sen marxe para o máis mínimo descoido, reafirmando a súa autoridade e a súa fortaleza sen contemplacións.
“Concedemos demasiadas facilidades preto da nosa portería a un equipo superior como é Barcelona; así chegaron 3 dos 6 goles” resumía Tomás de Dios tras o encontro. “Dentro de nosa humildade, iamos coa idea de intentar dar a sorpresa para poñernos por diante. Para iso optamos primeiro por unha defensa presionante e, ao non obter resultados no roubo de balón, sacamos porteiro xogador para seguir coa mesma intención. Con todo, como o Barcelona nos estaba presionando decidimos cambiar” explicaba Tomás de Dios tras o partido, nunha cita na que os cataláns se adiantaron antes do ecuador da primeira parte, con dianas de Ferrao e Adolfo (minutos 8 e 9). O gol de Antoñito, no minuto 16, deulle vida á escuadra mariñá, aínda que axiña encaixou o terceiro, de Dyego (minuto 18).
No segundo acto, o Barcelona non lle deu tregua a un equipo que quedou ferido tras o 3-1 antes do descanso. Ampliou a renda a través de Joao Batista (25), Ferrao (32) e Diego Quintela (36). O Pescados Rubén reduciu a fenda segundos despois do 6-1, cun titánico Barcelona con menos intensidade, nas zapatillas de Iago Míguez.
Xornada 21 en Vista Alegre. O sábado continúa a competición ligueira coa xornada 21 en Vista Alegre fronte ao Jaén Paraíso Interior a partir das 18.30 horas.
Ficha técnica
FC Barcelona Lassa: Juanjo, Marc Tolrà, Dyego, Adolfo, Ferrao, cinco inicial; tamén xogaron Joao Batista, Joselito, Roger, Sergio González, Diego Quintela, X. Cols
Pescados Rubén Burela FS: Joan Miñano, Iago Míguez, Bellvert, Renato, José Carlos, cinco inicial; tamén xogaron Isi, Hélder, Iago Rodríguez, Cuco, Antoñito, Carlitos
Goles: 1-0, minuto 8, Ferrao; 2-0, minuto 9, Adolfo; 2-1, minuto 16, Antoñito; 3-1, minuto 18, Dyego; 4-1, minuto 25, Joao Batista; 5-1, minuto 32, Ferrao; 6-1, minuto 36, Diego Quintela; 6-2, minuto 36, Iago Míguez.
Árbitros: Juan Cerda // Martínez García (Baleares). Por Burela, amarela Cuco e expulsión de Isi por dobre amarela
Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División LNFS disputado no Palau Blaugrana

Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas