09/03/2017

Os penaltis clasifican o Pescados Rubén para a final Irmandiña

Os penaltis clasifican o Pescados Rubén para a final Irmandiña

O Pescados Rubén Burela FS é finalista na XXVI Copa Galicia tras impoñerse onte ao Prone Lugo AD nunha cita moi rifada que se decantou a favor dos mariñáns nos penaltis despois do 2-2 no tempo regulamentario. “Foi un partido moi emocionante, coma todos os derbis. Dispuxemos de moitísimas ocasións e ao final complicóusenos máis da conta por non estar acertados pero tamén polo gran partido do porteiro rival”, explicaba Isi, autor do 2-2 e do terceiro penalti para os laranxas.



Os de Tomás de Dios tiveron que estrelarse unha e outra contra o acerto dun inspirado Kelvin baixo os paus. Ata o inicio do segundo período o Pescados Rubén, con infinidade de ocasións, non puido perforar a rede; foi nas zapatillas de Renato, que cazou o esférico nun rexeite. O Prone reucuperou táboas, antes de chegar ao ecuador, de Kevin Rengifo, e púxose por diante con Jacob, en contragolpe. O xogo de cinco inmediato, con Antoñito á fronte, deulle o 2-2 aos laranxas na recta final cun lanzamento exterior de Isi.



Os de Tomás de Dios non erraron nos penaltis con Iago Rodríguez, Iago Míguez e Isi; nas filas luguesas Edu parou a primeira tentativa, de Jacob, e Caique acertou.



A segunda semifinal decidirase esta noite (21.00 horas) entre Noia FS e Santiago Futsal. A final está prevista para o 1 de maio, con sé pendente de confirmación. “Non teño ningunha preferencia de rival para a final; o que estamos desexando é xa xogar a final e que por fin poida chegar este título para Burela” sentenciaba Isi.



Os mariñáns retomarán os adestramentos o vindeiro luns, 13 de marzo, nunha semana con outra proba de ouro, coa visita á pista do pechacancelas, Bodegas Juan Gil Jumilla FS (6 puntos), o sábado ás 18.30 horas (xornada 24).



Ficha técnica



Prone Lugo AD: Kelvin, Jacob, Porto, Caique, Kevin Rengifo, cinco inicial; tamén xogaron Poti, Ary, Adrián, Luis Longo, Gilbert, Samuel



Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Bellvert, Antoñito, José Carlos, cinco inicial; tamén xogaron Isi, Iago Rodríguez, Carlitos, Cuco, Renato, Hélder



Goles: 1-0, minuto 22, Renato; 1-1, minuto 29, Kevin; 2-1, minuto 35, Jacob; 2-2, minuto 40, Isi. Penaltis: Iago Rodríguez (gol), Jacob (erro), Iago Míguez (gol), Caique (gol), Isi (gol)



Incidencias: Partido correspondente a semifinais de Copa Galicia disputado en Lugo.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”