10/03/2017

Diagonais laranxas de 1.000 km para conquistar tres puntos en Murcia

O Pescados Rubén Burela FS disputará a 20ª xornada o sábado na pista do UCAM Murcia (18.00 horas, pavillón José María Cagigal), duodécimo na táboa de Primeira RFEF, que porá a proba a súa maior fortaleza, a súa pista, ante as da Mariña con
Diagonais laranxas de 1.000 km para conquistar tres puntos en Murcia
Para as de Lucas e Julio Delgado esta tamén se postula como unha cita importante, para facer bos os empates das dúas últimas xornadas e retomar as boas vibracións despois do envite fronte ao Majadahonda: “O sábado non estivemos ben, pero iso xa é pasado e só miramos cara ao futuro. A semana estivou un pouco fracturada porque non puidemos estar todas para adestrar, pero creo que imos preparadas para loitar con garantías polos tres puntos. Sabemos que Murcia é un rival que se fai moi forte na súa cancha pero se conseguimos ter concentración poderemos regresar cun resultado positivo” explicaba a burelista Cilene Pereira Paranhos facendo referencia ao seu anterior enfrontamento coas levantinas, con 2-1 para Vista Alegre: “Na primeira volta puidemos solventalo, aínda que non sen dificultades; a estas alturas da liga estamos máis preparadas para non incorrer nos erros que nos limitaron na ida”, puntualizaba a 16 mariñá antes de medirse a un rival que conseguiu 13 dos seus 14 puntos no seu feudo.

A enfermería laranxa non atravesa un bo momento. Xunto a Cilene, con molestias nun nocello dende o adestramento do mércores, tamén viaxou entre algodóns Bea Mateos. Paula non poderá participar, por unha rotura de fibras sufrida no último compromiso do conxunto filial e Lara tamén causa baixa por enfermidade.

Esta mañá, ás 12.00 horas, o equipo de Lucas e Julio Delgado pechará a semana de preparación cunha sesión de adestramento en Murcia.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira, 23. Cristina.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.