Actualidade
Iago Míguez: 'Este venres xogámolo todo'
Vista Alegre volve tornarse decisivo. Este venres, na xornada 28, acollerá unha das dúas finais que quedan na Bomboneira (18.30 horas) para seguir CRENDO, SOÑANDO e DELEITÁNDONOS co mellor fútbol sala, co fútbol sala de elite. O Ríos Renovables Zaragoza FS será o inimigo a bater, que recala na Mariña na 10ª praza, pelexando por coarse en postos de play off: “Para nós é un partido transcendental, xogámolo todo. Estamos ao límite, se pinchamos practicamente estamos descendidos e somos conscientes da importancia. Despois da traxectoria e do traballo destes anos, tanto club coma equipo merecemos seguir en Primeira. Todo o equipo é consciente de que un descenso sería un mazazo para a vila e para o club, por iso pelexaremos ata o final por evitalo” explicaba un dos capitáns laranxas, Iago Míguez.
A Bancada Laranxa volverá a ser o osíxeno dos mariñáns: “A súa axuda vai ser fundamental. Pedimos unha vez máis o seu apoio porque neste partido, máis ca nunca, a bancada de Vista Alegre vai ser determinante para que consigamos os tres puntos” dicía Iago Míguez.
O 5 burelista confía nos seus para festexar a vitoria fronte a un rival cunha defensa atípica para ante a que o Pescados Rubén tivo dúas semanas para prepararse: “Estamos bastante fastidiados pola situación, pero tamén estamos convencidos de que o podemos sacar adiante. Temos xogadores de grandes calidades e con capacidade para solventar esta difícil situación e seguir loitando. O descanso da semana pasada veunos ben; estámonos preparando a conciencia para medirnos a un rival cunha defensa totalmente diferente ao resto da liga. Chegaremos ben para loitar polos tres puntos e seguir con posibilidades de manternos en Primeira” concluía Iago.
Entrada gratuíta. Vista Alegre terá as súas portas abertas de forma gratuíta para todos os afeccionados/as ata as 18.00 horas. Durante o descanso, socios e non socios poderán optar a sorteos.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas