24/05/2017

Eleccións á Xunta Directiva, 30 de maio

Eleccións á Xunta Directiva, 30 de maio

A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca asemblea de socios/as para o martes 30 maio de 2017. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00.



ORDE DO DÍA




1. Lectura e aprobación da acta anterior



2. Votación de candidaturas, se procede



3. Proclamación de nova xunta directiva, se procede



4. Acordo de filialidade con Onde Sempre Xove FS



5. Acordo de filialidade con Comarcal A Fervenza FSF



6. Rogos e preguntas




Rematado o prazo de presentación de canditaturas o 20 de maio, a única que se presentou foi a dirixida polo actual presidente, Manuel Blanco Fanego:



Presidente: Manuel Blanco Fanego
Vicepresidencia Primeira. Área Social e Igualdade: Cesarina Fanego Mon
Vicepresidencia Segunda. Área de Xestión: José Luis Sáez Castro
Secretario: José Dovale Gradaílle
Tesoureiro: Alfredo Veiga Rego
Vogais: José Manuel Vázquez Cerdeiras
Alberto Fernández Rouco
Juan Antonio Ródenas Martínez
Antonio Couto Díez
Luis Antonio Guillén Menéndez
Rubén Blanco Fernández
Auditor Rodríguez Lombardía

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.