26/05/2017

Despedida na Bomboneira

Despedida na Bomboneira

O Pescados Rubén Burela FS despedirá mañá a tempada de Primeira RFEF en Vista Alegre, na penúltima xornada ligueira, fronte ao FS Gironella, que pelexa pola décima praza con Majadahonda (36 puntos). Será ás 18.00 h., 30 minutos antes do habitual por horario unificado; todas as persoas que acudan vestidas de laranxa terán entrada gratuíta.



“Queremos acabar con bo sabor de boca en Vista Alegre e as sensacións son boas para o partido. Vimos de dúas derrotas e queremos despedirnos da afección cunha vitoria” explicaba a meta laranxa, Joziane de Oliveira, facendo especial fincapé na relevancia desta recta final para salvaguardar a cuarta praza (53 puntos) fronte a Ourense Envialia  e Poio Pescamar FSF con desvantaxe de 1 e 2 puntos respectivamente sobre as mariñás: “Levamos loitando toda a tempada; queremos garantir a cuarta praza. Para nós ese sería un gran resultado esta tempada y para iso buscaremos gañar os dous partidos que nos quedan porque calquera pinchazo pode arrebatárnola”.



A porteira internacional brasileira agarda un Giro “moi competitivo e moi loitador”: “Cando fas un desprazamento tan longo o único que queres é volver á casa cunha vitoria. Na ida foi un encontro moi difícil, aínda que puidemos sacar os 3 puntos (1-2). É un rival moi traballador e non espero outra cousa que non sexa un equipo moi loitador” adiantaba Jozi.




A gardameta laranxa tamén falou dos contratempos neste final ligueiro, coa baixa da súa compañeira na capitanía do equipo, con rotura parcial de dous ligamentos no xeonllo, hai dúas xornadas con UA Alicante: “A lesión de Bea, especialmente na primeira semana, foi un baixón para nós. É unha xogadora con moitos minutos e das máis importantes no equipo; perdela na recta final condiciónanos e obriga a que outras xogadoras fagan aínda un esforzo máis grande para suplir ese baleiro. Non obstante, tamén hai boas novas; Paula e Silvia parece que xa están mellor, volven adestrar e poderán ir axudando con minutos”.




Convocatoria Pescados Rubén Burela: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 10. Lara, 12. Ana Romero, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.