08/06/2017

O ala Chus Blázquez, primeira novidade para 2017-18

O ala Chus Blázquez, primeira novidade para 2017-18

Manuel Jesús Blázquez Pacheco (Salamanca, 1992) formará parte da estrutura do Pescados Rubén Burela FS. O ala zurdo adquiriu o compromiso para defender a elástica laranxa para 2017-18, logo de lograr o ascenso a Primeira División con Naturpellet Segovia esta tempada.



Esta non será a primeira experiencia do salmantino, de 25 anos, no fútbol sala galego. Formado nas filas do Don Ulpiano Albense desde 2007, vestiu a camiseta do Santiago Futsal entre 2013 e xaneiro de 2015, cando se trasladou ao conxunto segoviano.



Chus, un xogador moi sacrificado e comprometido, será presentado oficialmente nas próximas semanas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.