12/06/2017

Os alas Pope e Colacha chegan a Burela cedidos dende Palma Futsal

Os alas Pope e Colacha chegan a Burela cedidos dende Palma Futsal

O catalán Sergi Orgilles Saiz, Pope (Barcelona, 1996), e o andaluz José A. Luna Guijarro, Colacha (Córdoba, 1998), defenderán a elástica do Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. Os novos alas chegan á Mariña cedidos por unha tempada desde o Palma Futsal, de Primeira División.



Internacional Sub-19 con España, José Colacha, despois de medrar na estrutura de base de CD Menciana e Ategua, asinou por Palma en 2015. Pola súa banda, Pope, formado nas categorías de base de Manacor, deu o salto ao equipo sénior en 2013; tamén militou nas filas de Naturpellet Segovia (2015-16) e FSD Puertollano e Palma, no último exercicio.



Cos xogadores procedentes do club insular, xa son 5 as incorporacións ao proxecto laranxa de 2017-18 que liderará Juanma Marrube, xunto ao salmantino Chus Blázquez, desde Naturpellet Segovia, ao viveirense Sergio Cora e ao madrileño Víctor López, desde Cagliari Futsal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.