03/07/2017

Seis distincións para o Futuro Laranxa no Memorial Heroes do Orzán

Seis distincións para o Futuro Laranxa no Memorial Heroes do Orzán
A Mariña pechou onte a sexta edición do exitoso, e sempre emotivo, Memorial Heroes do Orzán con seis distincións para o Futuro Laranxa. Na cita, que reuniu un total de 75 equipos do mellor fútbol sala español entre prebenxamín e xuvenil, a base do Pescados Rubén Burela FS alzouse co título de campión en Xuvenís, por 3-1 fornte a Moprisala Toledo, e subcampión en Cadetes, poñéndose os penaltis do lado do Laguna FS valisoletano, tras 0-0 na final. Tamén se coaron no podio, os Prebenxamíns, coa terceira praza.

A base burelista brillou ademais no fair play co galardón de Equipo Máis Deportivo para os Prebenxamíns; Eurickson Gomes foi designado Mellor Xogador Cadete e Christian Rivas, Máximo Goleador Xuvenil.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.