10/07/2017

Bea Mateos cumprirá un lustro en Burela

Bea Mateos cumprirá un lustro en Burela

A salmantina Bea Mateos cumprirá un lustro no Pescados  Rubén Burela FS en 2017-18. A ala-peche, que comparte responsabilidades na capitanía con Jozi, formalizou o seu contrato xunto ao presidente, Manuel Blanco, e ao secretario, José Ángel Dovale, que aplaudiron a continuidade da xogadora como “unha das referencias na fortaleza dun bloque que volverá apostar pola experiencia na veteranía e a ilusión da mocidade para seguir medrando”.



“As negociacións foron doadas porque queriamos continuar polas dúas partes” explicaba a 14 laranxa, de 30 anos, que se suma ás renovacións de Cilene, Ana Romero, Jozi e Lara: “Xa hai 5 renovacións, é importante que o bloque forte continúe. Así é moito máis doado traballar, por isto eu aposto por este club, para seguir na mesma liña de traballo e aspirar a títulos. Espero un Pescados Rubén competitivo, que poidamos loitar por estar o máis arriba posible e intentar gañar títulos, para iso estou neste club”.



Bea Mateos, como o primeiro día, promete “axuda e dar o máximo” nunha liga que prevé máis equilibrada: “Dos equipos ascendidos só coñezo o Soto; creo que é bo equipo. Entre o resto hai equipos que se están reforzando ben, como o Poio, pero outros están quedando un pouco coxos; creo que a liga vai estar igualada” reflexionaba a laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.