17/08/2017

O Pescados Rubén Masculino presenta a súa nova camiseta

O Pescados Rubén Masculino presenta a súa nova camiseta

Edu, Matamoros, Luisma e Álex foron os modelos do Pescados Rubén Burela FS Masculino para presentar, esta mañá en Foz, as equipacións de Joma que lucirá o conxunto mariñán en 2017-18. O equipo de Juanma Marrube visitou a tenda de Living Sport, spónsor oficial do club; xogadores, corpo técnico e membros da xunta directiva participaron no acto no que a nova indumentaria foi o centro de todas as miradas.



O laranxa volverá reinar na primeira equipación, con camiseta, pantalón e medias. O negro, outras das referencias na imaxe do club mariñán, é a elección da segunda equipación. Os porteiros defenderán a rede burelista de verde e azul.



O equipo feminino, de Primeira RFEF, tamén presentará en sociedade a súa nova imaxe para 2017-18; o acto está previsto para finais de agosto.




Torneo Burela Bonita



Vista Alegre vestirá as súas mellores galas para acoller entre mañá e o sábado o Torneo Burela Bonita. Tras a visita a Living Sport, o equipo de Juanma Marrube trasladouse ao paseo marítimo da Rapadoira para promover entre veciños e turistas os detalles do luxoso cuadrangular que reunirá a Movistar Inter, Palma Futsal, Santiago Futsal e Pescados Rubén Burela FS.  



Abono único. Por tan só 5 euros para adultos e 1 euro para menores de idade,  os amantes do futsal poderán gozar de dous días e catro partidos co mellor fútbol sala nacional, ademais de coñecer todas as novidades dos equipos antes de que comece a competición ligueira. A taquilla estará aberta dende as 18.00 horas para todas aquelas persoas que aínda non se fixeron coa súa entrada.



Venres 18 de agosto



19.00 horas. Semifinal 1: Movistar Inter FS-Palma Futsal
21.00 horas. Semifinal 2: Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal



Sábado 19 de agosto



19.00 horas. 3º e 4 POSTO: Perdedor Semifinal 1-Perdedor Semifinal 2
21.00 horas. FINAL: Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.