27/08/2017

Terceiro posto para o Pescados Rubén Burela no Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo

Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo. Logo dun dobre envite galego entre o Poio Pescamar e o Pescados Rubén Burela, o conxunto mariñao acadaou con claridade o terceiro posto dun Torneo que conquistou o Benfica tras gañar por 3-0 ao
Terceiro posto para o Pescados Rubén Burela no Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo
Encontro matinal. Derrota inmerecida do Pescados Rubén Burela no segundo partido do Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo. O conxunto dirixido por Julio Delgado perdeu ante o Poio Pescamar por 1-2 malia dominar todo o choque e ter grandes oportunidades. Mónica, a porteira pontevedresa, foi a protagonista do seu equipo con grandes intervencións que evitaron os goles mariñaos. O Poio aproveitou a súa oportunidade por mediación de Iria e co 0-1 chegouse ao descanso. Na continuación Dany empatou o partido pero de novo apareceu a eficacia do Poio Pescamar. Patri, a catro minutos do desenlace, culminou un contragolpe que supuxo o 1-2 definitivo a pesar o empuxe final do equipo mariñao.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cilene, Julia Forsiuk, Bea Mateos, Dany -cinco inicial- Lara, Sofía, Tai Menezes, Sara Correia, Judith, Lau.

Poio Pescamar: Mónica, Jenny, Nuria, Patri, Iria -cinco inicial- Yoli, Noa, Ale de Paz, Bugallo.

Goles: 0-1, m.4, Iria; 1-1, m.29, Dany; 1-2, m.31, Patri.

Incidencias: Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo. O sistema do Torneo propiciou que o Pescados Rubén Burela e o Poio Pescamar se mediran de novo no partido para o terceiro e cuarto posto.

Terceiro e cuarto posto

As pupilas de Julio Delgado deron cumprida vinganza á súa inxusta derrota da mañá ante Poio Pescamar e lograron unha contundente vitoria (1-8) realizando por momentos grandes xogadas e moita brillantez na execución dos goles, no partido para outorgar o terceiro lugar do Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo.

Desde o pitido inicial, as xogadoras burelesas dominaron o xogo e puxeron cerco á meta visitante. O banco movíase con soltura no bando laranxa, con protagonismo para todas as convocadas, incluídas as novas incorporacións de A Fervenza, equipo filial. Con todo, foi de novo o Poio Pescamar quen logrou adiantarse no marcador, con gol no minuto 2 de Jenny ao culminar un contragolpe.

Mónica comezou como no duelo matinal, parando disparos de Tai, Dany e Lara, pero non puido evitar a avalancha de xogo e remates de Pescados Rubén Burela. Dany empataba cun disparo seco e axustado no minuto 4 e tres máis tarde, estreábase a ucraniana Forsiuk cun gol marca da casa; recorte ao bordo do área e zurdazo de Julia para poñer en vantaxe ás burelistas. Ata o descanso, festival de xogo e probaturas das mozas de Julia Delgado con dous goles máis de Lara Balseiro nos minutos 10 e 14, para irse ao intervalo cun claro e xustísimo 4-1 para o Pescados Rubén Burela.

Na segunda metade, Julio continuou coas súas probas de pretempada e as súas pupilas responderon do mellor xeito, dando sensación de gran equipo en moitas accións que desarbolaron ás pontevedresas. Tai Menezes lograba o seu primeiro gol como xogadora laranxa cunha vaselina e Sofía, Cris e Carol uníronse á gran festa con goles de bela factura demostrando que poden e deben ser importantes na tempada que se aveciña.

Ficha técnica

Poio Pescamar: Mónica, Iria, Jenny, Noa, Patri -cinco inicial- Yoli, Nuria, Bugallo, Ale de Paz.

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Sara Correia, Cris, Carol, Tai Menezes -cinco inicial- Judith, Cilene, Lara, Dany, Bea Mateos, Sofía, Julia Forsiuk, Lau, Leti.

Goles: 1-0, min. 2 Jenny; 1-1, min. 4 Dany; 1-2, min. 7 Julia Forsiuk; 1-3, min. 10 Lara; 1-4, min. 14 Lara- descanso- 1-5, min. 23 Tai Menezes; 1-6, min. 26 Sofía; 1-7, min. 31 Cris; 1-8, min. 34 Carol.

Incidencias: O Pescados Rubén Burela ocupou a terceira posición do Torneo Internacional Cidade Viana do Castelo que conquistou o Benfica ao derrotar na final ao VV Pernis por 3-0.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.