02/09/2017

Empate a dous entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar

Presentación. Antes do inicio do encontro en Vista Alegre presentouse ante a súa afección a escuadra burelista de Primeira División, o conxunto de Liga Provincial e varias xogadoras do filial A Fervenza FSF. Gardouse un minuto de silencio e
Empate a dous entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar
O encontro entre Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar comezou con ambos conxuntos moi alegres en ataque e con despistes na súa área o que propiciou un inicio aberto e con chegadas que xeraron perigo. Tras uns minutos de axuste, o Pescados Rubén comezou a controlar o tempo do choque e chegar con maior claridade á meta defendida por Mónica. Superado o ecuador chegou a mellor xogada local e o primeiro tanto da tarde. Cilene asistiu maxistralmente un pase ao segundo pau que foi aproveitado por Julia para marcar o 1-0. Co tanto a escuadra burelista asentouse na pista e aumentou o seu dominio ante un Poio Pescamar que buscaba nos disparos afastados a súa oportunidade pero sen éxito. Nos instantes finais Sofía e Tai gozaron da súa oportunidade para o segundo tanto pero Mónica evitouno e ao descanso chegouse co 1-0.

Na continuación, o Poio Pescamar empezou máis enchufado e no minuto 26 conseguiu a remontada con tantos de Ale de Paz e Vanessa. O Pescados Rubén acusou o golpe durante uns minutos pero sacou o seu orgullo para empatar o encontro cun disparo ao bordo do área de Carol, minuto 35. No tramo final as locais apertaron en busca do tanto da vitoria pero o duelo finalizou con empate a dous goles.

FICHA TÉCNICA

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cilene, Julia, Tai, Dany -cinco inicial- Sara, Judith, Sofía, Cris, Carol, Lucía.

Poio Pescamar: Mónica, Vanessa, Ceci, Jenny, Ale de Paz - cinco inicial- Patri, Yolanda, Nuria.

Goles: 1-0, m.11, Julia; 1-1, m.26, Ale de Paz; 1-2, m.26, Vanessa; 2-2, m. 35, Carol.

Árbitros: Menéndez Nistal, Coello Martínez. Colexio galego. Cartón amarelo a Lucía do Pescados Rubén Burela.

Incidencias: Partido amigable disputado en Vista Alegre. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Beto, ex xogador do Pescados Rubén Burela.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.