02/09/2017

Táboas no Municipal de Lugo

Táboas no Municipal de Lugo
O derbi provincial entre Prone Lugo e Pescados Rubén Burela finalizou con empate a tres grazas ao gol in extremis marcado por Óscar. O conxunto burelao comezou o partido con boas sensacións e marcando por mediación de Colacha, minuto 2. O 0-1 espabilou ao Prone e o partido entrou nunha dinámica sen control. Ambos equipos empregábanse con enerxía pero sen a pausa precisa para xerar mellores situacións de gol. O xogo transcorría con accións rápidas pero imprecisas. No tramo final o partido acougouse e o Pescados Rubén gozou dalgunha oportunidade para aumentar a súa renda pero foi o Prone Lugo o que alcanzou o empate ao transformar Javaloy un dobrepenalti.

Na segunda parte a escuadra dirixida por Juanma logrou ordenar o seu xogo e levar a iniciativa ofensiva ante un conxunto local que esperaba armado en media pista en busca dun contragolpe. Precisamente cunha rápida transición o Pescados Rubén sorprendeu aos locais para situar o 1-2 ao executar Renato un man a man que acabou nas redes locais. Nesta fase do choque os mariñaos gozaron dos seus mellores momentos de xogo pero o Prone devolveu a moeda do contragolpe para empatar (2-2) por mediación de Abel, minuto 28. Os burelistas mantiveron a calma e, pouco despois, lograron o 2-3 marcado por Luisma.

Sen demasiado perigo en ambas porterías chegouse ao tramo final e o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco que lle xerou un par de ocasións para sentenciar o partido pero que se escaparon por pouco. No último suspiro, sete décimas para o final, o Prone empatou o partido tras un saque de banda que tras rebotar nos xogadores laranxas acabou selando o 3-3 final.

Ficha técnica

Prone Lugo: Sergio Vea, Javaloy, Bargueño, Abel, Luís Carlos -cinco inicial- Óscar Igrexas, Pablo, Nazareno, Manuel, Adrián, Samuel.

Pescados Rubén Burela: Álex, Hélder, Luisma, Chus, Colacha -cinco inicial- Víctor, Cora, Renato, Pope, Mini, Kelson, Pitero

Goles: 0-1, m.2, Colacha; 1-1,m.18, Javaloy; 1-2, m.23, Renato; 2-2, m.28, Abel; 2-3, m.30, Luisma; 3-3 m.40, Óscar.

Árbitros: Pablo Fernández, Adrián Figueroa. Colexio lucense.

Incidencia: Partido amistoso disputado no pabellón Municipal de Lugo. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Beto, ex xogador do Peixes Rubén Burela.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.