15/09/2017

Amplitude, experiencia e calidade para recuperar os grandes soños en Primeira

Amplitude, experiencia e calidade para recuperar os grandes soños en Primeira

O Pescados Rubén Burela FS dá o pistoletazo de saída á súa novena tempada en Primeira RFEF este sábado arroupado pola fiel bancada de Vista Alegre (18.30 horas) coa visita do Majadahonda FSF Afar 4 e con cambios de aires: “O ano pasado sufrimos cedendo o balón. Este ano dispoñemos dun cadro máis amplo, con máis experiencia e máis calidade técnica, así que o obxectivo é ter a pelota e disfrutar con ela. Isto implica moito máis traballo, porque a creación e moito máis difícil cá defensa, pero para iso estamos traballando” explicaba o adestrador Julio Delgado.



As sensacións cada vez son mellores para comezar a ansiada liga: “Despois de 5 semanas de pretempada, as rapazas están con ganas de arrancar. Nótase nos adestramentos que están traballando con máis ilusión. A plantilla en xeral está ben, concentrada, para intentar facer un bo arranque de competición”, transmitía o técnico, facendo referencia tamén á marxe de mellora do conxunto: “É un cadro por pulir, está bastante compensado, quizais nos falta algo de un contra un, pero é algo que iremos adquirindo co tempo. Temos xogadoras novas, que veñen doutras ligas –a italiana, ucraniana, brasileña- e precisan o seu tempo para amoldarse ao fútbol sala español”.



Ás laranxas tocaralles estrearse fronte a un rival que rematou 2016-17 na oitava praza: “É un equipo que tivo algunhas baixas, de xogadoras que ficharon por outros conxuntos de Madrid. Non obstante, tendo en conta o que xa coñeciamos do rival, é un equipo rocoso, que aperta ben, pero creo que será algo máis frouxo ca o ano pasado” analizaba Julio Delgado, confiando en que mañá o debut da Bomboneira teña un bo desenlace: “Todos temos moita ilusión, xogadoras e corpo técnico; é unha nova etapa para o equipo, con todas as novidades que hai. Gustaríame que a xente disfrutara; é o primeiro partido e as xogadoras estarán un pouco agarrotadas porque van querer deixar unha boa impresión na afección”.



“A día de hoxe estou moi satisfeito porque están realizando uns adestramentos excelentes, con moi boa actitude e moita intensidade. Só espero que xoguen igual que adestran, sendo igual de atrevidas e plasmando todo o que estamos traballando” reflexionaba así o técnico horas antes da primeira gran cita da tempada.



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk



Convocatoria Majadahonda FSF Afar 4: 1. Laura, 3. Ana Belén, 6. Marta Mateo, 8. Elena, 9. Nerea, 10. Jessica, 12. Andrea, 16. Celia, 17. María Novoa, 20. Natalia, 33. Mónica



Carnés dispoñibles
Os socios/as laranxas que aínda non recolleran o seu carné poderán facelo en Vista Alegre mañá, coincidindo co partido. Durante a semana, están dispoñibles na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 91, baixo).




Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 15.00 horas




Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros
Familiar: 140 euros
Xubilado: 50 euros
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros
Menores de 18 anos: Gratuíto

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.