16/09/2017

Valdepeñas 2-1 Pescados Rubén

Valdepeñas 2-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS pelexou ata o último suspiro na pista do Valdepeñas (2-1), nun encontro moi equilibrado que caeu do lado local grazas ao xogo de cinco. “Teño que darlles a noraboa aos xogadores; expuxemos un partido serio e ordenado, levando o peso en moitas fases. O gol de Luisma, ao comezo da segunda parte deunos tranquilidade; nun desaxuste chegou o empate e o 2-1 coa lotería do porteiro xogador Aínda así nós tivemos o empate no último segundo, sen fortuna”, explicaba Juanma Marrube ao final do encontro, puntualizando: “Este é o termómetro que pedía; debemos seguir traballando nesta mesma liña?.

Luisma e Matamoros dispuxeron das primeiras ocasións dos laranxas, tras uns compases iniciais con tinte local. Superado o ecuador da primeira parte, tamén a tivo nos seus pés Hélder, en contragolpe, e máis tarde, Pope, con balón morto na área local. Víctor, Matamoros e Kelson tamén intentaron sorprender a Mendiola na recta final.

De perlas veulles aos pupilos de Juanma Marrube o descanso. Luisma adiantou os galegos no reinicio. Os locais aproveitaron un desaxuste en ataque dos laranxas para igualar a contenda; antes os mariñáns tiveran un par de transicións moi claras para ampliar a fenda. Na recta final cobrou protagonismo o xogo de cinco nas filas do Valdepeñas, liderado polo ex-burelista Mimi, para ir a polo partido. Outro dos antigos compañeiros dos burelistas, Nacho Pedraza, aproveitou para estrear a iniciativa no marcador. Cumpríase o último minuto de xogo coa reacción laranxa de Chus como porteiro xogador. Unha gran parada de Mendiola sobre a bucina afastou os galegos de puntuar na primeira xornada.

Ficha técnica

FS Valdepeñas: Mendiola, Caio Alves, Mimi, Kike, Nacho Pedraza, quinteto inicial; tamén xogaron Iván Quintín, Jota, Dani Santos, M. García, Zamo, Peloncha

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Renato, Chus, Luisma, quinteto inicial; tamén xogaron Matamoros, Víctor, Colacha, Pope, Kelson

Goles: 0-1, minuto 21, Luisma; 1-1, minuto 33, Dani Santos; 2-1, minuto 39, Nacho Pedraza

Árbitros: Cotes García , Elena Pedros (Andalucía). Por Valdepeñas, amarela para Dani Santos, Nacho Pedraza. Por Burela FS amarela a Kelson.

Incidencias: Partido da primeira xornada de Segunda División disputado en Valdepeñas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.