23/09/2017

O Pescados Rubén arrebata os tres puntos ao Alicante na recta final

O Pescados Rubén arrebata os tres puntos ao Alicante na recta final
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu, esta tarde, na pista do Universidad de Alicante 3 puntos de impulso clasificatorio e sobre todo moral. O traballo das mariñás tivo ao final unha recompensa que noutras ocasións lles deu as costas, nunha cita na que non estiveron cómodas e concederon moito a un rival asfixiante, véndose obrigadas a ir a remolque ata o último minuto, con dúas dianas de Dany (3-4).

Ao Pescados Rubén Burela FS custoulle entrar ante un rival que apertaba. Nunha acción desafortunada ao comezo chegou o primeiro en contra para as de Julio Delgado, de Lara, tras rexeite de Jozi; aínda non se cumprira o segundo minuto de xogo. Dany tivo o empate no 6 e pouco despois ampliou Paula Morote, nunha contra un fronte á meta brasileira. Superado o ecuador da primeira parte o xogo das mariñás foi máis fluído, aínda que con pouco acerto ofensivo. Cumpríndose o minuto 10, Bea Mateos saltou á pista para abandeirar o xogo de cinco; a falta de tres para o descanso, o Pescados Rubén conseguiu reducir distancias, nun balón que tocou Anita (2-1).

As pupilas de Julio Delgado ofreceron un gran despregue físico e de traballo, aínda que con exceso de peso mental. Andrea ampliou a renda das locais no minuto 28 tras unha perda mariñá. Pouco despois, o 30, puido subir o cuarto UA a porta baleira. Con todo, aproveitou Cilene, no 31, para subir o 3-2 de disparo cruzado. Dany empatou de cinco a falta de pouco máis dun minuto e conseguiu rescatar os tres puntos con brillo laranxa co 3-4,con xogo de pivote, a falta de 40 segundos, sen tempo para a reacción das locais co porteira xogadora.

Compartindo liderado

O Pescados Rubén durmirá líder esta noite xunto ao Móstoles, á espera do desenlace da segunda xornada mañá co enfrontamento entre Alcorcón e Ourense Envialia (13.00 horas).

Ficha técnica

UA Alicante: Jenny, Anita, Carmen, Elenita, Lara Terres, cinco inicial; tamén xogaron Ángela, Paula Morote, Pau, Andrea, Melli

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara, Julia, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Bea Mateos, Sara Correia, Judith

Goles: 1-0, minuto 2, Lara Terres; 2-0, minuto 7, Paula Morote; 2-1, minuto 17, Anita (p.p.); 3-1, minuto 28, Andrea; 3-2, minuto 31, Cilene; 3-3, minuto 39, Dany; 3-4, minuto 40, Dany

Árbitros: Martínez Palao//Sansano Pérez (Valencia). Por Burela amarela a Dany, Bea Mateos e Judith.

Incidencias: Partido da segunda xornada de Primeira División RFEF disputado en Alacante. Minuto de silencio inicial polas vítimas do terremoto de México.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.