25/09/2017

Mércores de Copa Galicia, na pista do Valdetires (21.00 horas)

Mércores de Copa Galicia, na pista do Valdetires (21.00 horas)

O Pescados Rubén Burela FS saldará este mércores a fase de grupos da XXVII Copa Galicia Feminina. Será último partido da eliminatoria, na pista do Valdetires Ferrol FSF (Esteiro, 21.00 horas), tras a vitoria laranxa fronte a Viaxes Amarelle FSF (7-2) e con 4-1 a favor do Amarelle fronte ás ferrolás.



As pupilas de Julio Delgado e Lucas comezan a semana cun plus clasificatorio e anímico tras o traballado triunfo en Alacante in extremis (3-4). “Foi unha viaxe longa e cansa, aínda que cos tres puntos fíxose moito máis curta e dá bo sabor de boca para seguir traballando e empezar ben esta semana, con dous compromisos por diante, de Copa e liga” aseguraba Dany, autora dos 2 tantos que deron a volta ao marcador nunha pista moi complicada para as laranxas: “Saímos cunha gran vitoria, tres puntos contra o subcampión do ano pasado son para celebrar bastante. Empezamos mal o partido, non nos centrabamos no que quería Julio, pero co paso do tempo empezamos a falar entre nós e loitamos ata o final. Tiñamos dificultades pero non deixamos de buscar o gol, ante unha porteira que estivo moi ben; os goles chegaron porque loitamos ata o final nunha pista moi difícil onde había tempo que non gañabamos”.



Valdetires espera a Pescados Rubén Rubén tamén nunha boa dinámica de liga, sen coñecer a derrota (3-0 Calceatense e Ribamontán Al Mar A 3-5. “Temos que mellorar moito en aspectos técnicos e tamén temos que traballar a parte física. Este partido vainos axudar a corrixir estes erros que temos, sempre co máximo respecto ante un rival, de Segunda, fronte ao que manteremos o ritmo e o que nos está pedindo o adestrador” explicaba a 3 mariñá, esperando un partido de probas: “Creo que será un partido no que o míster vai probar de todo para que o sábado tamén teñamos máis opcións de xogo” concluía a brasileira.



UCAM ElPozo Murcia, en Vista Alegre



Este sábado, Vista Alegre repetirá protagonistas pero con Primeira División RFEF (18.30 horas), na terceira xornada. As mariñás, encabezando a táboa, con 6 puntos xunto a Ourense Envialia e Móstoles, recibirán as levantinas, que só coñecen o empate na liga ata o momento (1-1 Jimbee Roldán e 3-3 con Leganés Masdeporte).



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.