28/09/2017

Pescados Rubén, en semifinais da Irmandiña Feminina

Pescados Rubén, en semifinais da Irmandiña Feminina

O Pescados Rubén Burela FS selou onte o pase a semifinais da XXVII Copa Galicia coa vitoria ante o Valdetires Ferrol FSF (2-6), na segunda e última cita da fase de grupos. Xunto a Pescados Rubén, tamén están clasificados Cidade das Burgas, no Grupo 2, e Poio Pescamar, no 4. As semifinais deberán disputarse entre o 21 de xaneiro e o 28 de febreiro.



Tras a dianteira das ferrolás (minuto 6), as da Mariña apostaron por xogo de cinco para apropiarse do electrónico. Tai igualou antes de chegar á medianía da primeira parte, con ampliación de Judith (minuto 16) e Dany (minuto 17) e boas intervencións de Ana Romero baixo paus. Os goles laranxas volveron facer acto de presenza repetindo protagonistas, nas zapatillas de Judith no 33, Dany no 34 e Tai no 37, para o 1-6 que maquillou Sheila co definitivo 2-6, a falta de 1’53” para o final.



Na súa segunda tempada de burelista, para Ana Romero esta é a súa primeira experiencia en Copa Galicia. “É un gran mérito do equipo o pase a semifinais e hai que seguir pelexando para alzar o título, que é o obxectivo que temos todos” aseguraba a 12 laranxa, formando parte do quinteto inicial ante o Valdetires: “Ao principio saín un poco nerviosa, pero tiven sensacións positivas tanto individualmente como en equipo. Un partido nunca é como empeza, é como acaba. Soubemos dar a volta axiña, que é o importante”, explicaba a meta murciana, coincidindo con Julio Delgado, que incidiu na solvencia do Pescados Rubén nesta fase inicial: “Sabiamos que eramos superiores a Valdetires e tiñamos que demostralo na pista. Así foi. Estivemos atentos para sacar a fase de grupo o mellor posible”, valoraba o técnico, lamentando a expulsión con vermella de Jozi, na segunda parte, coa que non poderán contar para a seguinte rolda.




Grupo 1-Clasificado Pescados Rubén



Pescados Rubén Burela FS 7-2 Viaxes Amarelle
Viaxes Amarelle 4-1 Valdetires
Valdetires 2-6 Pescados Rubén Burela FS



Grupo 2-Clasificado Cidade das Burgas



Cidade das Burgas 4-0 Fisober
O Pirata O Fisgón 1-1 Cidade das Burgas
Fisober 1-4 O Pirata O Fisgón



Grupo 3-Pendente



A Fervenza 0-8 Ourense Envialia B
Cidade de Pontevedra 2-2 A Fervenza
Ourense Envialia B – Cidade de Pontevedra



Grupo 4-Clasificado Poio Pescamar



Bembrive 2-8 Poio Pescamar
Leis Pontevedra 9-1 Bembrive 1
Poio Pescamar 4-0 Leis Pontevedra



Ficha técnica



Valdetires Ferrol FSF: Anabel, Andrea, Alba, Erika, Paula, cinco inicial; tamén xogaron Sheila, Diana, Isabel, Marta, Marián



Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Lara, Judith, cinco inicial; también jugaron Sara Correia, Bea Mateos, Tai, Julia, Jozi



Goles: 1-0, minuto 6, Diana; 1-1, minuto 9, Tai; 1-2, minuto 16, Judith; 1-3, minuto 17, Dany; 1-4, minuto 33, Judith; 1-5, minuto 35, Dany; 1-6, minuto 36, Tai; 2-6, minuto 39, Sheila



Tarxetas: Vermella a Jozi (minuto 37)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.