30/09/2017

Itea Córdoba 1-8 Pescados Rubén

Itea Córdoba 1-8 Pescados Rubén
Vista Alegre volveu ser o talismán para os burelistas, aínda que fora en Córdoba. O Pescados Rubén Burela FS agarra con máis forza ca nunca os seus tres primeiros puntos a domicilio, con 1-8 ante Itea Córdoba CFV Futsal, na terceira xornada de Segunda LNFS, encadenando a segunda vitoria de liga. Os pupilos de Juanma Marrube traballaron con humildade e insistencia para apropiarse dun marcador que xa dominaban ao descanso con 0-3, con moitísimo equilibrio no xogo durante a primeira parte.

A igualdade foi a tónica predominante no primeiro tramo de partido, con moita esixencia do Itea ao Pescados Rubén, que pelexou para non concederlle nada ao rival. Pope, tras culminar unha rápida contra visitante, fixo o 0-1, no minuto 12, cando os locais xa contaban co lastre das cinco faltas. Este primeiro tanto foi a clave para pedir máis e Renato e Pope, novamente, ampliaron diferenzas nun fatídico minuto 17, para tranquilidade dos laranxas e facendo dano aos locais.

Regresou a terceira xornada á pista, con xogo bronco. O tanto de Cristóbal, no minuto 23, fixo pensar aos cordobeses na remontada, pero os galegos conseguiron romper o partido entre o 24 e o 25, ampliando ata o 1-5, de Víctor e Matamoros. A falta de máis de once minutos, o Itea apostou por porteiro xogador, coa mesma reacción dos laranxas, que completaron a renda ata o definitivo 1-8, con Chus, Hélder e Luisma.

Ficha técnica

Itea Córdoba CF Futsal: Cristian, Catiti, Jesús Rodríguez, Cristóbal e David Leal (cinco inicial). Tamén xogaron Pakito, Manu Leal, Koseki, Cordero, Thiago e Ismael.

Pescados Rubén Burela FS: Álex, Hélder, Luisma, Chus e Renato (cinco inicial). Tamén xogaron Víctor, Colacha, Matamoros, Cora e Pope.

Árbitros: Botella López e Castilla López (C. Murcia). Mostraron cartulina amarela ao local Jesús Rodríguez (2), así como aos visitantes Chus, Renato e Pope (2).

Goles: 0-1 Pope (12’) 0-2 Renato (17’) 0-3 Pope (17’) 1-3 Cristóbal (23’) 1-4 Víctor (24’) 1-5 Matamoros (25’) 1-6 Chus (33’) 1-7 Hélder (34’) 1-8 Luisma (39’)

Incidencias: Encontro correspondente á 3ª xornada Segunda División disputado no Palacio Municipal de Deportes ‘Vista Alegre’ ante 1.500 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.