Autos Llano, transporte oficial do Pescados Rubén Burela
O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo con Autos Llano como transporte oficial da entidade para a tempada 2017-18. Os irmáns Fernando e Alfredo Lozano Díaz, directivos da empresa vilalbesa, visitaron a sede laranxa para formalizar o contrato xunto ao presidente e vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luis Sáez.
Autos Llano responsabilizarase dos desprazamentos por toda España da estrutura burelista, tanto dos equipos sénior feminino, en Primeira División RFEF, e masculino, en Segunda LNFS, como de toda a base. Manuel Blanco aplaudiu o inicio do acordo cunha firma de competencias contrastadas, nos seus 50 anos traballando no sector: “O trato e profesionalidade que Autos Llano nos amosou en experiencias anteriores garántenos os mellores servizos para os nosos deportistas”.
“Somos unha empresa familiar na que temos un especial coidado pola comodidade e satisfacción dos nosos clientes, cunha extensa tradición con entidades deportivas da zona. Este novo reto, cun club histórico e de referencia como o Pescados Rubén Burela FS, seguiranos afianzando no sector no noso obxectivo de seguir medrando sendo fieis ás nosas máximas”, explicaban Fernando e Alfredo Lozano, segunda xeración á fronte de Autos Llano, cunha filosofía baseada na proximidade e especial atención cos clientes, cunha frota de 30 autobuses e 50 traballadores.
AUTOS LLANO
Avda. Terra Chá, 10
27800, VILALBA, LUGO
982 510 466
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas